20 oct 2011

Soidades de Ana. Jordi Sierra i Fabra

Tradutor/a: Silvia Gaspar PorrasEscritor/a: Jordi Sierra i Fabra
Chamábase Ana, pero agora xa só é un recordo. Un aborto mal practicado no seu corpo de adolescente embarazada acabou con ela.
No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.

1 comentario:

  1. O relato é moi bonito e entretido , o seu argumento baséase na adolescencia e no pouco apoio que temos os adolescentes ás veces nalgunhas cousas como acontece nesta historia , na que unha rapaza queda embarazada e encóntrase con que non ten en quen apoiarse para axudala .

    Encantáronme as personaxes do conto xa que eran adolescentes , e me identifico máis con elas , sobre todo cos amigos de Ana que intentan axudal , tanto Lidia como Daniel .

    O personaxe de Ramiro , pareceume moi intrigante xa que non souben se o rapaz era sinceiro ata que se foron desvelando as distintas informacións.
    O personaxe de Victoria encantoume por todo quel empeño que poñía por saber toda a verdade , sobre o quelle sucedera a súa irmá, para cegar a falecer.
    En cambio o personaxe de Lidia entristecíame ao poñerme na súa situación , unha rapaza que non puido facer nada pola súa amiga.

    Este libro recórdame a “campos de fresa “ xa que tamén é un libro relacionado co tema da adolescencia.

    Foi espectacular, xa que empezaba a lelo e non podía parar , recomendaríallo a todas aa persoas que lles gusten as novelas relacionadas con temas de hoxe en dia , e sobre todo adolescentes .

    Ana López Andón 3º B

    ResponderEliminar