18 dic 2018


O Señor das moscas é unha novela de William Golding, publicada en 1954  co título orixinal en inglés de Lord of the Flies. Foi traducido ao galego por  Xosé María Gómez. Clemente en 1993.
Conta a organización dun grupo de 30 nenos británicos perdidos nunha illa tropical deserta. O avión que os transportaba para salvalos dunha guerra mundial ten un accidente a causa dunha forte tormenta  e eles son os únicos superviventes. Diante deles preséntase unha oportunidade única: a illa ten froitos e comida dabondo, e case ningún perigo. A imitación de A illa de coral os nenos comezan a organizarse para sobrevivir. Pero as cousas pouco a pouco comezarán a torcerse cando os nenos dexeneren na crueldade e a barbarie.

2 comentarios:

  1. Sergio Fernández Núñez19/12/18, 21:53

    Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A:
    Este libro non foi moi interesante, pareceume algo repetitivo, polo tanto en algún punto faise aburrido de ler. No libro faise referencia á supervivencia do ser humano e á maldade cando queremos conseguir algo.

    ResponderEliminar
  2. Despois dun tráxico accidente de avión, 30 pícaros británicos quedan desamparados e sen adultos nunha illa tropical deserta. Ante eles preséntase unha oportunidade excepcional onde a falta de comida non vai ser o problema, senón a progresiva perda de xuízo que deriva en mostrar a cara máis atroz e cruel da humanidade.

    "Señor das moscas" pódese definir coma unha novela complexa que se debe ler amodo e sen présas para poder degustar a fondo o sues simbolismos, descricións e mesmo do seu argumento. Dende a miña experiencia, "Señor das moscas" é o libro perfecto se buscas unha novela cun carácter máis psicolóxico e simbólico ca argumental.

    ResponderEliminar