26 feb 2019

«Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de…» Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de amante, de patriota, na cerna dunha sociedade conservadora e baixo a opresión da dominación estranxeira. Obra que continúa o relato comezado en Irmán do vento (Xerais, Premio Merlín 2003), Flor de area é tamén a crónica dunha vivencia da guerra desde o lado dos outros.

2 comentarios:

  1. Area Loureiro Villasante 4ºC6/3/19, 12:12

    Pareceume unha historia conmovedora e triste, que fai reflexionar sobre diversos temas, pero principalmente sobre a situación das mulleres e nenas iraquís, que están sometidas ás ordes dos seus pais e maridos, sen a posibilidade de elixir o seu propio futuro. Esta nena é unha loitadora, que ten as cousas claras e que loita polos dereitos que lle están a quitar e polo seu futuro a pesar de todas as adversidades. É un libro precioso, que incluso fai saltar as bágoas nalgún momento. Encantoume.

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume moito. É una historia moi triste que fala sobre a guerra dende o punto de vista dunha moza de Iraq, que está disposta a loitar polos seus dereitos nunha sociedade machista que oprime ás mulleres. Ademais, tamén me gustou o aspecto de que esta historia axudase a desmentir algunhas ideas estereotipadas que os occidentais temos sobre os musulmáns, e que son froito do racismo.

    ResponderEliminar