9 dic 2018


Dr. Jekyll e Mr. Hyde é unha novela escrita en lingua inglesa por Robert Louis Stevenso co título orixinal de Stange Case of Dr Jekyll and Mr Hyde, publicada en 1886. Foi traducida á lingua galega por Sara Ruz Salgado e Xosé Ramón Fontao.
A obra fala dun avogado, Gabriel Jonhn Utterson, que investiga a estraña relación entre o seu vello amigo, o doutor Henry Jekyll, e o misántropo Edward Hyde. O libro é unha reperesentación dun transtorno psiquiátrico que fai que unha mesma persoa teña dúas ou máis identidades ou personalidades con carecterísticas opostas entre si.
A trama está ambientada en Londres a finais do século XIX. O señor Utterson, un prestixioso avogado, escoitou unha historia dun amigo seu, o señor Enfield, que esperta a súa curiosidade. Así, Utterson comeza unha investigación para descibrir a verdadeira identidade de Mr. Hyde, un home que se presenta moi unido a outro vello amigo, o doutor Jekyll.


2 comentarios:

  1. "Dr. Jekyll e Mr. Hyde" pareceume un libro interesante, xa que trata o tema da dobre personalidade. Jekyll é un científico que fai experimentos e que logra elaborar unha poción que o converte noutra persoa diferente (en Mr. Hyde) que en realidade é unha versión malvada del mesmo. A medida que pasa o tempo Hyde vaise facendo máis forte e é capaz de aparecer sen que Jekyll tome a poción.
    O que o libro transmite é que todos temos unha parte boa e unha mala no noso interior.
    O que me chamou máis a atención foi que Jekyll, a pesar de que sabía que o que estaba facendo estaba mal, seguía converténdose en Hyde, porque así se sentía libre; ata que se enterou de que matara a un señor maior. Nese momento, como era unha boa persoa, empezou a intentar desfacerse para sempre de Hyde. Como viu que non o ía conseguir, decidiu suicidarse, e así matar tamén a Hyde para evitar máis mortes. Supostamente é Hyde quen vence a Jekyll, porque se apodera del, pero eu persoalmente penso que en realidade a que gana é a versión boa, porque se non fose así, Hyde seguiría vivo e matando a máis xente inocente. En cambio, Jekyll decátase de que non hai volta atrás ao seu experimento, e decide matar a Hyde incluso se iso significa a súa propia morte.

    ResponderEliminar
  2. Jorge Estraviz17/12/18, 12:01

    "Dr.Jekyll e Mr.Hide" Pareceume un libro moi interesante e engaioloume dende o principio xa que che mantén a intriga todo o tempo. Cando o empecei non puiden parar de lelo ata saber a verdadeira identidade de Mr.Hyde. Gústame o papel que ten Utersson na historia posto que investiga o tema do Dr.Jekyll porque é un gran amigo seu. O tema que trata a historia pareceme moi intersante, fala das dúas personalidades do ser humano, a parte boa e a parte mala.
    Recoméndoo para tódalas persoas que lles gusten as historias de misterio e intriga.

    ResponderEliminar