13 may 2018

Os nenos da variola

María Solar

“Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano”
Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de María Solar. Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.

2 comentarios:

  1. Diego Ardura 2ºBACH A29/5/18, 12:45

    Cando comecei a ler este libro tiña unha idea na cabeza sobre como pensei que ía transcorrer a historia diferente á que me atopei. Como estudante de Ciencias da Saúde pareceume un libro moi interesante, non só por unha trama que provoca intriga e ganas de ler máis, senón tamén porque o libro proporciona información detallada pero tamén de fácil comprensión sobre a vacina contra a varíola: como se descubriu, a loita dos médicos contra os prexuízos da xente, como era transportada... É realmente interesante e é unha boa toma de contacto coa historia da medicina e da enfermería. Recomendaría este libro sen dubidalo a calquera persoa, aínda que especialmente a aquelas persoas as que lles guste a historia ou a bioloxía.

    ResponderEliminar
  2. Zaida Valcárcel, 2º BAC10/5/19, 13:47

    O libro gustoume moito, pero decepcionoume algo o seu final xa que non conta se o experimento Balmis funcionou. O que máis me gustou foi o personaxe de Ezequiel xa que era un neno disposto a aprender todo o que puidese para conseguir os seus soños e ter un bo futuro, pero cun gran corazón que fai que antepoña os demais aos seus obxectivos persoais.

    ResponderEliminar