Dentro do conxunto da obra literaria de María Victoria Moreno, unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo e tamén pioneira en introducir protagonistas femininas, existen unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos.
Grazas ao coidado que a familia da autora puxo na custodia da súa
obra, e ao atento traballo de Xavier Senín, gran parte deses contos mais
un inédito que gardaba no seu ordenador, un dos últimos que escribiu,
vén agora a luz neste libro.
"O amor e as palabras" é un libro de relatos de María Vitoria Moreno, todos eles non teñen un tema común, e aínda que os máis deles falan sobre temas reais, hai un no que se dá paso á fantasía: "O grumete".
ResponderEliminarEntre os relatos que tratan temas reais destacaría: "S.O.S", no que conta unha historia na que reflicte o dano causado durante os anos 80 e 90 coas drogas, que eran quen de destruír vidas e familias enteiras. E tamén "Pan con chocolate", unha historia de amizade e fidelidade.
Personalmente, este é un moi bo libro que non dubidaría en recomendar pola docura e o enxeño co que se conatn as historias, ademais da súa calidade narrativa e a capacidade que amosa a escritora para recrear historias persoais e mesmo dramas humanos nun espazo cotián e coñecido.
Nara Méndez, 2º BAC B.