18 oct 2017

Males de cabeza


Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias

3 comentarios:

  1. Aray Rodríguez Díaz15/11/17, 20:37

    Resumo:
    Neste libro o autor relata varias historias que lle ocorren a personaxes diferentes en lugares distintos pero que, teñen en común unha preocupación ou "mal de cabeza".Precedendo a estes relatos aparece un apartado que é "Atolemia é un sombreiro", onde un narrador nos conta que se sente identificado cos gatos pola súa forma de ser e actuar, ata se alimenta coma eles.Di que o resto da xente son cans e nos describe un psiquiatrico e os diferentes enfermos e a relacíon que ten con eles.

    Comentario crítico:
    É un libro moi entretido, que te mantén espectante á espera do que pasa en cada relato.Gustoume a capacidade do autor para describir os espazos e os personaxes, e transmitir as sensacións de cada un deles aínda que nalgúns relatos a acción empeza directamente coma en "Coma vostede e coma min" e pode levar ó despiste.Algúns dos relatos máis salientables son:"O fareriro" por como fai real a obsesión do home,"Domesticum bellum" porque é gracioso,"Os aforros da vella" que mostra a mentalidade tradicional de esta, entre outros.En conclusión é un libro moi recomendable.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Lucía Veiga Teixeira11/4/18, 20:42

    O libro é difícil de entender ata que o rematado pero plasma dun xeito moi atinado como pensaría alguén con algún problema psíquico por is o merece a pena lelo. Axuda a reflexionar sobre as enfermedades psiquiátricas, un mundo poco coñecido, en cereal, polos lectores. As historias que máis me gustaron foron "Desviación de chamada", "Bartolo,o tolo" e, "Fareiro". A día de hoxe é o libro que máis me gustó dos que lin en gallego e dentro duns meses volvereino ler

    ResponderEliminar