18 oct. 2017

Anagnórise

Anagnórise

María Victoria Moreno

Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega
O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

1 comentario:

  1. Iria Blanco Pérez 1ºBAC C22/11/17 17:25

    Trata dun rapaz que se chama Nicolau, que decide facer autoestop debido a problemas amorosos. A muller que o recolle para levalo a Madrid, négase a decirlle o seu nome, e a medida que avanza o relato, faille reflexionar sobre diferentes temas. Pouco a pouco, a muller vaise adentrando nos pensamentos do rapaz, sen este darse conta.
    Durante a viaxe trátanse diferentes temas, como a igualdade entre os homes e as mulleres, os problemas amorosos que Nicolau tivo con Natalia, os gustos de cada un, e a vida deles, máis ou menos.
    Finalmente cando chegan a Madrid os dous continúan co seu camiño, ata que Nicolau recibe unha carta daquela muller, e nela revela que o seu nome é Xulia...
    A verdade é que é unha historia bastante orixinal pola forma na que se conta e por como son os personaxes, pola súa forma de pensar...
    Impactoume moito o final, principalmente porque non foi só un suceso co que quedei abraiada, senón porque foron varios. Despois, polo resto non estivo nada mal, aínda que ás veces tiña que reler algunhas liñas porque perdía o fío.
    Recomendaríao á xente que lle gusta ler, porque pasas un bo rato con el, e faiche reflexionar sobre certos temas interesantes.

    ResponderEliminar