18 oct 2017

Camiños na auga

Camiños na auga

Manuel Núñez Singala

O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por asualidade e na que se acaba por recoñecer:
"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo
—Szymo— cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.

4 comentarios:

  1. Manuel Veiga Couñago,3º ESO24/10/17, 13:12

    O libro trata sobre a historia dun superviviente.Mostra moitas das cousas que nós como primeiro mundo,ignoramos e non valoramos dos nosos irmáns africanos.Eu recomendaría a súa lectura para rapaces e rapazas da nosa idade.

    ResponderEliminar
  2. Noelia Pérez Carballo,3 ESO30/11/17, 13:50

    A min gústanme as historias de aventura e este libro pareceume moi interesante.A historia engánchate e invitate a seguir lendo.
    Gústaronme as partes nas que o protagonista se sentía querido
    Recomendaría a súa lectura a quen lle guste os libros de intriga e de aventura.

    ResponderEliminar
  3. María Lamas Fernández. 3ºESO30/11/17, 14:01

    Persoalmente, este libro decepcionoume un pouco, xa que eu esperaba un relato cheo de aventuras que lle ocorrerían ao persoaxe; pero en realidade había moitas partes da historia que me pareceron aburridas, posto que o único que pasaba era que Szymo navegaba polo río sen que lle ocorrera nada impactante. Non obstante, pareceume moi interesante como o protagonista afronta todos os momentos nos que é infravalorado pola súa condición de albino; xa que fai reflexionar sobre a nosa propia conduta.

    ResponderEliminar
  4. Jimena García Glez-Redondo. 3ºESO11/12/17, 14:34

    Este libro gustoume por unha parte e por outra non. Non me gustou porque algunhas veces facíaseme un pouco aburrido, sobre todo cando Szymo viaxaba só. E por outra parte gustoume moito pola maneira de tratar este tema.O autor desta novela trata este tema dunha maniera moi próxima ao punto de vista das persoas que emigran a un país diferente. Foi inevitable que non me conmovera o final, cando o rapaz pequeno fai ese comentario e a nai réñelle. Paréceme que as persoas non deberiamos xulgar á xente polo seu aspecto nin por outra cousa. Cada un é como é, e iso non se pode cambiar. Co que me quedo da novela é con que todos somos iguais e todos temos dereito a unha vida mellor.

    ResponderEliminar