8 may 2017

As voces baixas

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor da existencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos.

Descargas

6 comentarios:

  1. Rocío 2 BAC A10/5/17, 13:05

    Persoalmente, encantoume esta libro. O estilo narrativo do autor pareceume unha gozada, sen grandes artificios á hora de escribir, pero de maneira que non deixa indiferente. Mais a mensaxe que tranmite o libro é o mellor. A min serviume para comprender unha época que eu non vivín, pero meus pais si, todo máis aló da información máis ou menos obxectiva que me pode aportar un libro de texto.

    ResponderEliminar
  2. Eugenia López González 2º BAC B12/5/17, 8:48

    Nesta obra mestúranse tanto trazos humorísticos coma trazos tristes.
    Algo que me gustou desta novela é que descobres como era realmente a vida neses anos, xa que cha conta alguén que a viviu, e cóntacha a través da súa experiencia persoal.
    Tanto os peronaxes como a paisaxe son reais. Os personaxes son membros da súa familia ou coñecidos, e a paisaxe son espazos xeográficos galegos reais, que existen. Tamén me gustou descubrir que recordaba algunha das historias que nos conta o autor no libro, xa que el mesmo as contou na conferencia que deu no noso instituto.
    En canto ás "voces baixas", fan referencia a moitas cousas, ás veces poden facer referencia ás voces e verbas que non querían ser descubertas e outras ás voces que ninguén escoita ou quere escoitar.
    Persoalmente, gustoume moito esta peza intimista, xa que penso que hai poucos autores, que a través dos seus recordos sexan capaces de escribir unha novela así, sen limitarse a escribir unha autobiografía. É unha obra real, que non conta só as cousas positivas da vida, senón que se cingue á realidade, na que todo pode pasar, e a través da cal nos relata unha etapa "escura" da nosa historia.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. “As voces baixas son as mulleres que falan soas, os nenos e nenas, os mortos, os animais” Isto é o que di o escritor Manuel Rivas. Penso que son as voces que non querer dominar, as que pensan que non poden facer historia. Manuel quere demostrar o contrario contando contos ou anécdotas das persoas cotiás da súa nenez, ben sexa un veciño, o perruqueiro, os seus avós… O escritor cóntanos a súa infancia e parte da de María, xa que a viviron xuntos. É unha volta ao seu pasado na que lle deu tempo a pensar e reflexionar sobre todo o que viviu e o que lle ocorreu. Quere facernos ver como era a Galiza de antes e como se empezaron a introducir cousas que agora son tan comúns na vida cotiá, mesmo Coca-cola que abriu a súa primeira fábrica cando el era neno, ou o primeiro pub que abriu cando era un mozo. Dende o meu punto de vista paréceme interesante a novela en si. Xa que para el vai ser unha maneira de coñecer o autor sempre, debido a que a súa historia xa esta escrita, e todos poderán saber de que maneira chegou a ser escritor. E para os lectores é unha maneira entretida de coñecelo xa que che mostra certos aspectos que probablemente nunca chegaríamos a coñecer. Penso que a obra está ben estructurada, contanos os feitos de forma lineal, e ten as ideas claramente explicadas, o que che fai avanzar rápido e ter unha lectura agradable e proveitosa. Pareceme unha homenaxe a súa irmá María.
    É un libro que recomendaría porque aínda que parece moi denso e ameno de ler, faite pensar sobre a vida en xeral.

    ResponderEliminar
  5. Diego Ardura28/11/17, 21:11

    As Voces Baixas é, como di o autor, unha historia sobre a vida, ou máis ben unha colección de recordos. A miña opinión persoal sobre esta novela foi variando ao longo de toda a lectura. Ao principio, non entendía moi ben cal era o argumento principal da novela, e a forma na que está escrita, unha narrativa ás veces un pouco rozando os límites da realidade, deume a sensación de non estar a entender o que pasaba. Porén, a medida que ía avanzando e ía lendo os capítulos, comecei a velos como unidades máis illadas, e atoparlles máis sentido aos saltos espazo-temporais que se producen ao longo da novela.

    Unha das cousas que máis me gustou do libro é o moito que se fala e se explica sobre Galiza nel. Fala, por exemplo, da emigración ,dos sentimentos de morriña que tiñan os que marchaban, pero tamén dos que quedaban. Fala de épocas difíciles, do franquismo, da posguerra, dos maquis, da resistencia… Fala dos enlaces e da importancia dos periódicos e da información nunha época de censura e de falta de liberdade de expresión. Son cousas que nos mesmos podemos sentir cercanas, pois os nosos avós as viviron. Paréceme interesante ver como cousas que hoxe en día damos por feito, como os institutos mixtos, eran unha gran revolución naquela época.

    Un punto negativo, sen chegar a ser malo de todo, é que ás veces a linguaxe empregada e a forma de escribir do autor, cargada de adxectivos e detalles, desvian un pouco a atención do tema principal e dificultan a comprensión do libro. A lectura volvíase pesada nalgúns tramos e persoalmente considero que algunhas pasaxes do libro teñen un valor tan persoal que non apelan tanto aos sentimentos dos lectores como poden apelar aos do autor.

    En conclusión, a novela gustoume e recomendaríaa a todos os lectores que estean dispostos a facer un pouco de esforzo e manterse atentos durante toda a lectura para poder comprender e sentir as historias do libro.

    ResponderEliminar
  6. No libro "As voces baixas", o escritor Manuel Rivas relátanos aspectos da súa infancia, adolescencia e mocidade na cidade que o viu nacer e medrar, A Coruña.

    Exercendo el mesmo de narrador, invítanos a formar parte de anécdotas familiares, así como dos seus inicios no mundo do xornalismo e a literatura.

    Percorremos unha pequena parte da vida do escritor; desde o primeiro recordo, agochado baixo dunha mesa xunto á súa irmá María; o recordo do primeiro medo, ata o desgarrador instante no que a súa irmá morre. Manuel Rivas trata de renderlle unha especie de homenaxe converténdoa case en protagonista do libro.

    Dos recordos, impactoume especialmente o do tío barbeiro, cando afeitando a un dos seus clientes se decata de que foi o chofer do coche que "paseou" seu pai na época da ditadura.

    Así como os seus inicios no mundo do xornalismo, como meritorio no xornal "Ideal Gallego", antes de marchar a estudar a Madrid, dedicándolle ao seu traballo incluso longas noites de esforzo e que constitúen os comezos daquel mozo que logrou converterse nunha das grandes figuras da literatura galega.

    ResponderEliminar