8 may. 2017

O club da calceta

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina

3 comentarios:

  1. Resumo: todas as protagonistas son moi diferentes, pero teñen algo en común, que son as situacións constantes que sofren de machismo, e como as acaban "solucionando". Elas xúntanse para facer calceta e ademais para evadirse un pouco do mundo que as rodea e para tomar consciencia da situación que están a vivir e a necesidade de superala .
    Opinión persoal: este libro encantoume, xa que me fixo reflexionar sobre a situación que moitas mulleres viven día a día coma Matilde e vexo como realmente é sociedade.
    Con estas historias que se contan no libro, tiven distintos estados de ánimo e realmente, parecía que eu tamén estaba alí para escoitar todas as historias, porque fan que te sintas realmente moi metida na lectura.

    ResponderEliminar
  2. Ana López 1BAC A21/3/18 8:43

    Este libro gustoume moito,aínda que últimamente non lea moito,esta novela fixo que me pasase horas seguidas lendo,polo que me gustou en diferentes aspectos.De cada unha das personaxes había algo que me encantaba,por exemplo de Luz encantábame o imaxinativa que era e o lista que chegou a ser.De Elvira gustabame o feito de que era moi independente.
    Non me esperaba ese final,pero igualmente encantoume.

    ResponderEliminar
  3. Carla Soto Veiga 1ºBAC A6/6/18 8:55

    Este libro é un reflexo da sociedade na que vivimos, da desigualdade que existe entre homes e mulleres.
    Gustoume moito, xa que é moi realista e deixa ver moi ben o machismo que existe na nosa sociedade.

    ResponderEliminar