8 may 2017

O club da calceta

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina

4 comentarios:

  1. Resumo: todas as protagonistas son moi diferentes, pero teñen algo en común, que son as situacións constantes que sofren de machismo, e como as acaban "solucionando". Elas xúntanse para facer calceta e ademais para evadirse un pouco do mundo que as rodea e para tomar consciencia da situación que están a vivir e a necesidade de superala .
    Opinión persoal: este libro encantoume, xa que me fixo reflexionar sobre a situación que moitas mulleres viven día a día coma Matilde e vexo como realmente é sociedade.
    Con estas historias que se contan no libro, tiven distintos estados de ánimo e realmente, parecía que eu tamén estaba alí para escoitar todas as historias, porque fan que te sintas realmente moi metida na lectura.

    ResponderEliminar
  2. Ana López 1BAC A21/3/18, 8:43

    Este libro gustoume moito,aínda que últimamente non lea moito,esta novela fixo que me pasase horas seguidas lendo,polo que me gustou en diferentes aspectos.De cada unha das personaxes había algo que me encantaba,por exemplo de Luz encantábame o imaxinativa que era e o lista que chegou a ser.De Elvira gustabame o feito de que era moi independente.
    Non me esperaba ese final,pero igualmente encantoume.

    ResponderEliminar
  3. Carla Soto Veiga 1ºBAC A6/6/18, 8:55

    Este libro é un reflexo da sociedade na que vivimos, da desigualdade que existe entre homes e mulleres.
    Gustoume moito, xa que é moi realista e deixa ver moi ben o machismo que existe na nosa sociedade.

    ResponderEliminar
  4. O club da calceta trata sobre un grupo de mulleres que se reúnen cada xoves nunha sala onde se contan os problemas que forman parte do seu día a día. A esta unión axudará a tía Davinia, familiar falecida de Matilde, que tamén sufriu discriminación por parte da xente.

    Matilde é unha muller cun marido que a trata máis como criada que como muller.
    A vida de Anxos sempre virou ao redor da política e da muller. Fíxose monótana xunto cun matrimonio aburrido.
    Rebeca fisicamente é a clásica “Barbie” loura de ollos azuis e metro oitenta, o que causa que a xente non se fixe nos seus estudos e só queiran para traballos onde a utilizan como maniquí. O seu noivo só veraa como un complemento máis e poñeralle os cornos coa súa xefa.
    Elvira é a organizadora do club e a súa vida virou sempre ao redor da igrexa e nunca quixo casar aínda que iso é o que se esperaba dela.
    Luz traballa como prostituta. Ela quere saír dese mundo, conseguir un traballo digno e esquecerse deses homes que a utilizan cada noite como xoguete.
    Fernanda é unha muller coxa á que tratan coma se fose unha discapacitada que non pode facer nada por si soa e que nunca se poderá casar xa que ninguén a querería. Isto non ocorre xa que coñece a Xan, un amigo da súa irmá, que se namorará dela e motivaraa a facer todo o que queira.

    Con este encontro axudaranse entre todas a superar os seus problemas e conseguir esas vidas que tanto anhelan.

    ResponderEliminar