16 mar. 2015

Os soños na gaiola





O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.De seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema "As cousas" falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado."Os homes, nenos e nenas", é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco". .

42 comentarios:

  1. Edgar Bares19/3/15 13:32

    O poema que mais me gustou fai "O mar" porque me pareceu raro que os nenos naqueles tempos os nenos non coñeceran o mar cando, nestas épocas é normal coñecelo dende bebé

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
  2. Lucía Rouco Souto19/3/15 13:35

    O poema que máis me gusta é "O bolo" porque me trae moitos recordos, xa que os meus avós cocen e sempre se acordan de nós e nos fan un bolo. E, cando era máis pequena sempre me decía que lle metera un rato dentro e que era só para os nenos larpeiros, entón pareceme un poema moi fermoso e sobre todo a min faime ilusión ser cousas que me traigan recordos.

    ResponderEliminar
  3. O poema que maís me gustou foi O arco da vella, non sei explicar o porqué, igual que non sei explicar por que me gusta a cor verde, só sei que cada estrofa, cada verso lévame xunto o arco da vella esbarando por el vendo as suas cores e soñando.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
    2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
    3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
  4. David López Cordero 1ºB19/3/15 13:37

    O poema que máis me gustou foi "o tractor" porque me gustan desde pequeno e reempraza os bois eo arado de mao,ademais de moitas máis utilidades

    ResponderEliminar
  5. Marta De La Iglesia Milleiro19/3/15 13:39

    O poema que máis me gustou foi "O Sol" porque para min é moi interesante e tamén moi entretido. Encántame o debuxo porque está ben debuxado, pintado e representado. Gústame moito!

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Alexia García Tojo19/3/15 13:39

    O poema que máis me gustou foi " O Foguete" porque é moi bonito, e o debuxo está moi ben representado. Este poema foi o máis bonito que lin.

    ResponderEliminar
  8. O meu poema favorito e o de ''O meu barco'' porque me gusta a súas metáforas, como soa ao recitalo, o seu significado...Ademais recórdame a tempos pasados cando a miña nai xogaba conmigo cun barco de xoguete. Tráeme moi bos recordos.

    ResponderEliminar
  9. paula castro19/3/15 13:40

    Galiza:
    este poema encantoume porque fixome recordar as nosas terras,todos os bailes,as cancións,...

    ResponderEliminar
  10. Aimara Casanova19/3/15 13:40

    O poema que mais me gustou foi "O foguete" porque gustanme moito os foguetes , os seus coloridos , o son que fan ao estalar e a alegria que transmiten porque cando hai foguetes quere decir que algo estase celebrando.

    ResponderEliminar
  11. Jeymi Vanessa Espinosa Reyes19/3/15 13:42

    O poema que máis me gustou foi O arco da vella,gustoume por que fala do fermoso
    que é o arco da vella.

    ResponderEliminar
  12. Diego 1ºB19/3/15 13:43

    O ourizo gustoume porque me gusta comer castañas e gústame saber
    que están metidas nun ourizo

    ResponderEliminar
  13. Denis Lopez Ramos19/3/15 13:43

    O poema que máis me gustou foi o chifre porque me parece que expresa moitos desexos, e sentimentos que deberiamos saber e creo que ten que ver algo coa probeza que había antes.

    ResponderEliminar
  14. Pablo Vilarín19/3/15 13:43

    Gustoume moito o libro porque conta as cousas que ocurrían cando o autor era pequeno. O poema que máis me gusta é o de ''Galicia'' porque conta cousas moi bonitas sobre esta terra.

    ResponderEliminar
  15. Ignacio Cortiñas19/3/15 13:45

    O poema que máis me gustou foi o de "O soñador" porque di o que quere ser de maior e pensa que con esforzo pódese conseguir calquera cousa.
    Se tivese que puntuar del 1 ao 10, daríalle un 10

    ResponderEliminar
  16. Darío Rego Díaz 1º ESO B19/3/15 13:47

    O meu poema favorito é "O chifre" pola beleza dos seus versos e tamén me gusta a forma que ten de expresar os seus desexos. Encántame o seu significado, e sobre todo recordo cando era pequeniño e tiña os desexos de facer un montón de cousas.

    ResponderEliminar
  17. CARMEN GABARRI19/3/15 13:48

    O poema que me gustou foi o de GALICIA porque é a Terra de onde vivo e porque di versos moi bonitos, as palabras ben expresadas.O poema GALICIA é precioso moi verdadeiro doe grazas a Manuel María por facer ese poema para dedicarllo a Terra de GALICIA

    ResponderEliminar
  18. alvarocastedobarreiro19/3/15 13:52

    O VENTO:
    Para min é un poema que me gustou moito , xa que se refire a que o vento é algunhas veces moi poderoso, e tamen que o vento para min é un misterio, xa que non se sabe de onde vén e onde remata.

    ResponderEliminar
  19. Brais Rodríguez Núñez19/3/15 13:52

    O poema que mais me gustou foi Galicia.Porque aparte de convivir con Galicia son galego :))

    ResponderEliminar
  20. O poema que máis me gustou foi "Galicia". Gustoume porque nos fala da gran paisaxe que ten: os vales, as montañas...
    Tamén nos fala dos portos e dos mariñeiros, cousas que non teñen outras comunidades autónomas.
    Nas últimas dúas estrofas, dinos que Galicia somos nós, e que sen ela non seriamos nada
    En xeral, a min paréceme que Manuel María fixo moi ben en escribir tal poema para que os galegos nos decatemos e valoremos o que é GALICIA.

    ResponderEliminar
  21. Jorge Estraviz 1ºA28/4/16 13:03

    O poema que máis me gustou foi o de Galicia xa que fala da nosa terra e é moi bonito, tamén me gusta moito o que di dela; como é, o que ten e o idioma desta terra. É moi engaiolante e divertido de cantar. Paréceme que Manuel María fixo moi ben en escribir este poema o que nos fai valorala tal e como é.

    ResponderEliminar
  22. Samuel Andón 1ºEso A28/4/16 13:04

    O meu poema favorito é o de ``Galiza´ porque é a miña Comunidade Autónoma.Ademais decribea a perfección.Gustoume moitoooo!!!

    ResponderEliminar
  23. Aldara Carballal28/4/16 13:06

    O poema que máis me gustou foi o da "A Lúa" porque encántame lúa e encántame a reflexión que fai o autor sobre o poema, o que pas é que non creo que a lúa este sola pola noite, porque están moitas estrelas que lle acompañan o único que pasa é con quen quere casar que é o sol e non pode estar con el

    ResponderEliminar
  24. Raúl Díaz Fidalgo 1 ESO A :-))28/4/16 13:06

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  25. O poema que máis me gustou foi "A festa do patrón", porque a min gústanme as festas, e aquí é tradición nos pobos, aldeas, vilas... Eu celebro San Froilán, (é o patrón de Lugo) coa familia e os amigos. \·_·/ :D

    ResponderEliminar
  26. Alejandro Arias28/4/16 13:09

    O poema que máis me gustou foi "O Sol" porque é un poema moi alegre porque me gusta cando sae o sol no amencer e tamé fixome graza o debuxo porque é un sol con cara de sol.

    ResponderEliminar
  27. De todos os poemas o que máis me gustou foi o Chifre porque paréceme que expresa moitos desexos, e sentimentos que deberiamos saber.

    ResponderEliminar
  28. Laura 1ºA28/4/16 13:10

    O poema que máis me gustou foi "A estrela sen nome" porque fala do fermosas e brillantes que son.

    ResponderEliminar
  29. David Fernández Luzón 1A ESO28/4/16 13:10

    O poema que máis me gustou foi "o galo" porque representa perfectamente as características físicas e de caracter que ten o galo.

    ResponderEliminar
  30. Diego Arza 1ºA28/4/16 13:11

    O poema que máis me gustou foi GALICIA,porque nos di como é,os sentimentos que transmite ao lelo.Eu creo que Manuel María fixo ben en escribir este poema,para que os galegos valoremos o que é GALICIA.

    ResponderEliminar
  31. David Real Nùñez 1ºESO A28/4/16 13:11

    O que máis me gustou e o de "Galiza". Gustoume porque fala do valor que ten. E o mellor poema que lin.

    ResponderEliminar
  32. Alex García 1ºA28/4/16 13:12

    O meu poema favorito e o bolo porque e gracioso e me inspira e significa que tiña humor a demais de que me gustan un montón os bolos

    ResponderEliminar
  33. Sara Díaz Extremadouro 1ºA28/4/16 13:14

    o poema que máis me gustou foi "Señor gato" porque transmiteme recordos do meu gato,describeos moi ben.Gustome moito!!

    ResponderEliminar
  34. Noa Carreira 1º A28/4/16 13:15

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  35. Yoel Fernández García28/4/16 13:15

    A min,o poema que máis me gustou foi "O lobo"porque é moi bonito e fala do medo que o lobo transmite,de que é moi seguro de si mesmo e que o seu propósito é atacar á aldea.

    ResponderEliminar
  36. Andrés Arias Veiga 1º A29/4/16 9:07

    A min o poema que máis me gustou foi "O Foguete",porque gústame ir ás festas nas aldeas a bailar.Cando tiran os fogos gústame observalos sentado no chan,e logo ir ao prado buscar as varillas.

    ResponderEliminar
  37. Raúl Díaz Fidalgo 1º A :-)29/4/16 9:18

    O poema que mais me gusto foi "O bolo". Porque recórdame cando a miña nai mos fai,ademáis encántanme,é divertido .

    ResponderEliminar
  38. Noa Carreira 1ºA5/5/16 13:08

    O poema que mais me gustou foi"A bolboreta".Porque me gustan moito os animais.E as bolboretas son moi fermosas. No poema están moi ben representadas as características da bolboreta.É moi bonito!

    ResponderEliminar