10 nov. 2014

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

2 comentarios:

  1. Este libro encantoume!
    Dende a primeira páxina sentín coma se Isla fose unha persoa real e non só un montón de letras xuntas. A personaxxe está tan ben definida que resulta entrañable dende o primeiro momento. É tan insegura, tan adolescente... Sentinme moiras veces reflectido nela ao longo da novela.
    O argumento da novela é moi bó e conseguiu manterme intrigado ata que o rematei. Pasan tantas cosas que non se esperan...
    O libro está escrito nunha linguaxe sinxela e é moi fácil de ler.

    Diego Ardura - 3º ESO C

    ResponderEliminar
  2. Alba Varela García28/4/16 11:13

    Este libro encantoume de verdade, é incrible a historia que conta e o final é o máis impactante. Cando comezas a ler o libro nin te imaxinas que vai acabar como acaba.
    A obra é moi bonita, alegre e triste á vez.
    Paréceme que o tema que aborda é moi interesante, porque hoxe en día pode pasar.

    Alba Varela-3º ESO

    ResponderEliminar