18 oct. 2014

Os Megatoxos e A Cara Oculta da lúa


Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

2 comentarios:

  1. A min, persoalmente, gustoume moito o libro polo seu suspense e esa intriga que che vai a máis cada vez que les unha páxina do libro, por esa especie de relación que me dá coa miña vida e, sobre todo, polas aventuras dos Megatoxos na Venecia dunha época anterior á actual, un moi bo paisaxe para redactar unha aventura.
    Recomendo este libro a todo aquel que lle gusten os Megatoxos ou os libros de Aventuras.

    Roi 1º ESO B

    ResponderEliminar
  2. DIEGO 1º A9/11/15 17:30

    Gustame porque ten moito suspense e intriga ata o final,pareceme moi interesante.
    Este é un pequeno resumo do libro: Os Megatoxos son catro mozos,teñen dous enimigos.Todo comeza cando Lúa perde as dúas primeiras clases por dor de cabeza,ninguén lle fai caso,todos estan bordes con ela.Os Megatoxos danse conta de que pasa algo raro ca flor do toxo,todos os alumnos e profesores transfórmamanse,e unha nebóa verde quere invadir o instituto
    Todos cren que foi culpa de Lúa,que coa máquina do tempoque ten a profesoras Larafuzas no seu despacho viaxa a Venecia sen querer.Os Megatoxos van tras ela.Xa en Venecia,tratan de encontrar a Lúa,cruzan unha ponte,esta derrúbase sepáranse,queren entrar no Palacio Ducal.Ao final quitanlle a esfera e fan que todo volva a normalidade.

    ResponderEliminar