As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun
rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas
de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes
celebran a súa convención anual nun hotel… Ninguén cre nas bruxas, pero
haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posúen poderosísimos
nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo
que hai que exterminar… E non son esas vellas feísimas de voz renxente,
traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí
fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha
vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas
por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como
engado para destruír nenos.As bruxas é un libro onde o lector atopará
moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o
autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e
secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso
narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que
non dan tregua ao lector ata o seu remate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario