18 oct 2014

O misterio das badaladas

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.                        






 

2 comentarios:

  1. Jimena García 1ºA15/1/16, 9:27

    O libro de O misterio das badaladas gustoume moito porque é un libro que leva a intriga ata o final. Tamén me gustou a intención dos nenos para descubri-lo misterio.

    ResponderEliminar
  2. Este libro gústame moito porque mestura moi ben o misterio xunto coa incertidumbre. A forma de organizarse para encontrar ao responsable e a maneira de poñer as pistas están moi ben relatadas. O recomendo moito!

    ResponderEliminar