18 oct 2014

A cidade maldita

O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visitar os castros e a contarlles a el e mailo seu irmán historias da cultura dos celtas. Un día, xogando no parque, Cibrán bate cun medallón, que ten gravadas nas dúas caras unha chalana de coiro e un circo de pedras. Ó collelo, queda durmido e desaparece da época actual. Reaparece nun lugar diferente, na cidade celta de Calión que foi asolagada por unha maldición. Cando os habitantes ven o medallón de Cibrán, cren que é o enviado que estaban a agardar. Sométeno a tres probas, que o rapaz pasa sen dificultade. Cibrán e dezasete homes máis embarcan rumbo á illa de Avalón, onde vive o Reí Pescador. A viaxe é accidentada e chea de perigos. Exacoca, un anano de seis cabezas, e Setanta, un valente guerreiro, axudaranos a vencer    a serpente Leviatán e a chegar con ben á illa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario