Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona
de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos.
Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira
persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na
procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros
branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que
pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das
irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten
medo do home nin do lume.Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a
novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de
aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome.
Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua
popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a
atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas
da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non
lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de
amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as
ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da
aldea, ou as historias de cazadores.Pel de lobo constitúe unha homenaxe á
memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa
fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos
antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco,
Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas
súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a
público xuvenil como adulto.
Carlos Díaz Corredoira 3 ESO A 04/02/14
ResponderEliminarPel de lobo é unha narración da literatura galega que conta a historia de seres fantásticos e criaturas estrañas.
A min pareceume un libro do maís interesante pola súa ficción, ou quen sabe, ó mellor non tanto?
Desagradoume o que é parea min , unha lea de persoaxes.
Recoméndolle este libro a xente que lle gusten as tradicións e lendas galegas, nestre caso fálanos dos Lobishomes.
Esta novela foi unha das mellores que lin ata o momento, xa que desenvolve unha historia que engancha en todos os sentidos. O libro intercala críticas sociais, historias de amor, ambientacións que nos representan as realidades dun pasado etc. Ademais a personaxe de Pepa trasmíteme unha sensación de admiración xa que dalgunha maneira todo o mundo quere ser unha persoa valente, loitadora polos seus soños e respectada polos demais.
ResponderEliminarEn xeral gustoume moito o relato, pareceume moi entretido. O que máis me gustou foi a intriga creada ao redor do lobishome. É certo que a lectura se remonta a un tempo que non coñecemos e usa un vocabulario descoñecido, mais non me resultou dificultoso.
ResponderEliminarGústame bastante o libro , foi entretido.O que máis me gustou foi as historias e as conversacóns da mesa. A lectura resultoume díficil polo léxico, pero non foi aburrido.
ResponderEliminar