27 abr 2013

Purga


Sofi Oksanen
Tradución do finlandés de Tuula Ahola

Estonia, 1992, pouco tempo despois da independencia do país como república báltica. Aliide Truu, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión, atopa de mañá no seu xardín a Zara, unha rapaza rusa que, vítima do tráfico de mulleres, precisa da súa axuda para non volver caer nas mans dos seus captores. Así comeza esta historia que se abre camiño entre as traizóns, a violencia e o medo para permitir que estas dúas mulleres acaden finalmente a purificación, a purga completa das súas vidas. Cun vibrante ritmo e unha intriga que se desvela devagar ata a resolución do enigma nas últimas páxinas, a narración alterna presente e pasado para denunciar tanto a explotación sexual na Europa contemporánea como os totalitarismos políticos do século XX, amosando de que xeito a represión que sufriu Estonia durante os anos de ocupación soviética derivou nun desarraigo da poboación autóctona que chega ata os nosos días.

2 comentarios:

  1. Laura 2º BAC13/6/13, 18:07

    Purga é unha novela escrita pola autora Sofi Oksanen.

    Esta obra comeza sendo unha historia dunha anciá chamada Aliide Truu que un día atopa a unha moza descoñecida chamada Zara no seu xardín. Posteriormente, coñecemos dúas historias paralelas á principal, a do pasado de Aliide e a do pasado de Zara.

    Esta novela desenvólvese en Estonia durante unha guerra na que hai dous bandos: a dos favorables á integración desta na Unión Soviética e os que prefiren unha Estonia libre. Os sucesos que ocorren neste ambiente recórdannos ós que aconteceron en España durante a Guerra Civil.

    Os temas principias desta obra son a violencia e a traizón:
    A violencia vese reflectida, sobre todo, no pasado de Zara cando era vítima da explotación sexual.
    A traizón aparece cando Aliide é capaz de afastar a súa irma e a súa sobriña da súa casa, aínda sabendo que deste modo non as volverá ver.
    Aliide esta moi namorada do home da súa irma, da que sempre sentiu envexa, e este amor chega a ser obsesivo. Igualmente, por sentirse poderosa cambia o seu ideario totalmente e casa cun home o que parece que lle ten noxo.

    Este libro é moi entretido e predomina una ambiente negativo en todo el.

    Na miña opinión ó libro esta moi ben porque aínda que parece moi duro reflexa dúas realidades que realmente ocorreron e ocorren e faite pensar no sufrimento que poden estar pasando as persoas relacionadas con esas situacións e normalmente no te paras a cavilar neste tipo de cousas.



    ResponderEliminar
  2. Laura López 2º BAC5/11/13, 11:22

    Narrada en capítulos curtos, que alternan presente e pasado e distintos puntos de vista, vai desvenlando a historia de ambas personaxes centrais, dunha maneira moi realista mantendo así a intriga do lector ata o final.
    Están presentes o medo, a vinganza, o odio…
    Orixinal e moi ben traducida ao noso idioma.
    Moi recomendable.

    ResponderEliminar