4 abr. 2013

O único que queda é o amor


Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

11 comentarios:

  1. María Lamela García, 1º BAC B25/4/13 12:45

    Gustoume moito, xa que son un conxunto de historias todas moi diferentes pero á vez moi semellantes. O fío condutor é o amor e o desamor.
    Unha das cousas que máis me gustou foi como se mostran os diferentes e variados espazos onde ocorren as historias.

    ResponderEliminar
  2. Nerea Fernández Ascariz , 1º BAC B25/4/13 12:52

    Neste libro recóllense relatos nos que o tema principal é o amor, unhas veces correspondido pero outras non.
    O relato que máis me gustou foi "Un río de palabras" xa que me pareceu moi interesante a inxeniosa a idea do protagonista, os libros e a literatura tamén son protagonistas desta historia.
    Eu recomendo este libro a todos os amantes da literatura.

    ResponderEliminar
  3. Andrea Blanco Pérez 1ºBAC A23/10/14 19:49

    Pasando polas vidas dos diferentes personaxes, Agustín Fernández Paz, neste libro, fai una reflexión do amor, poderosa forza que cambia a vida dunha persoa dende a súa aparición. Esta idea plásmase en cada una das pequenas historias que se narran neste libro, contrastando a felicidade producida polo amor e a angustia debida ó desamor. Cada conto é diferente, poderíase dicir que único, xa que consegue reflictir ese vínculo que temos cara certas persoas ou lugares, que o tempo non poderá romper.
    Fíxoseme curto este libr, xa que ademáis de entretido, é moi doado de ler. Gustoume xa que nos mosstra que, como ben indica o seu título, “o único que queda é o amor”.

    ResponderEliminar
  4. Laura Quintero, 1ºBAC A17/11/14 11:23

    Pareceume un libro entretido e diferente, posto que non conta unha única historia, senón que conta dez historias totalmente diferentes.
    Unha historia que me chamou a atención foi ``Un río de palabras´´, gústame a maneira tan inxeniosa que ten o personaxe principal de facer que a xente coñeza os seus libros favoritos.

    ResponderEliminar
  5. Este libro sorprendeume moi gratamente. No pasado eu lera bastantes libros deste autor, que acostuman estar relacionados coas aventuras e o terror, e antes de coller este libro só lera un que se saía da regra anterior, "Fantasamas de luz", adicado ao mundo do cine, o cal por certo me gustara moito.
    O título deste libro fíxome catalogalo nada máis collelo como "novela romántica", pero ao acabar de lelo xa non teño tan claro se ese é o xénero que lle corresponde, pois este libro fala do amor, si, pero doutro tipo, máis universal. O amor dun can polo seu amo, o amor máis alá da morte, o amor pola lectura...
    Os relatos son curtos e o libro lese moi rápido. Non houbo ningún relato que non me gustase. O meu favorito é "Unha foto na rúa", porque para min é o que ten máis acción.
    Se che gustan os libros deste autor tes que darlle unha oportunidade sen dubidalo, e se non liches nada do autor este é un bo libro para comezar.

    ResponderEliminar
  6. Alba Valín 1BAC A12/6/15 12:02

    Cando comecei a ler este libro tiña bastante reparo pois no cría que me gustase moito, xa que normalmente os que están divididos en varios relatos non rematan de convecerme pero este resultpou que si o fixo. O único a que le podo popñer pega son aos debuxos, que a´çida que moi traballados e ben feitos, creo que o sentimento de tristura que aportan a veces non cadra de todo coa historia que ilustran; ademais, creean unha sensación de inquietude que non me gustou.

    A miña favorita, aínda que hai algunhas que me gustaron moito, creo que sería a do can pantasma.

    ResponderEliminar
  7. Antia Ceide 1ºBAC A12/6/15 12:15

    Este libro gustoume moito xa que ao leren cada un dos relatos ves que non teñen personaxes en común, pero axiña te dás conta de que o amor é o fío condutor de todos. A verdade é que case todos os relatos son moi bonitos, pero de elixir un quedaríame con "Unha foto na rúa" xa que á parte de ser un relato moi orixinal, eu sentín máis intriga a cada liña que lía porque quería saber se encontraba á rapaza ou non.

    ResponderEliminar
  8. ¨O único que queda é o amor¨ está formado por unha serie de relatos que recollen, todos eles, unha historia de amor, non sempre entre namorados, aínda que sempre se nomea unha historia entre parellas.

    Dentro de esta obra houbo dúas narracións que me chamaron a atención especialmente: ¨Esta estraña lucidez¨ e ¨Loanza da filatelia¨.

    No primeiro chamoume moito a atención a peculiaridade do narrador, xa que non é un narrador habitual o que o fai moi orixinal. Ademais transmite unha mensaxe moi fermosa xa que un dos protagonistas é feliz sempre que o outro o sexa, ata que finalmete todo remata cun tráxico accidente, e nese intre final un deles expresa a súa nostalxia polo pasado e por non ter aproveitado máis o tempo.

    En¨Loanza da filatelia¨ os protagonistas son un matrimonio. Ao longo do relato mostrase a actitude manipuladora que exerce a muller sobre o seu home. Ademais tamén é un feito a ter en conta que a muller deixa de valorar ao seu home ao longo dos anos, polo que nos serve como lección de que debemos valorar máis aquilo co que contamos.

    Polo xeral, é unha novela cunha boa calidade narrativa e doada de ler que transmite unha fonda mensaxe sobre numerosos aspectos da vida, polo que é unha obra que eu persoalmente recomendaría.


    Nara Méndez 1º BAC C

    ResponderEliminar
  9. Ainara Corredoira 1º BAC B28/11/16 18:01

    Este libro achéganos unha visión totalmente oposta aos contos de princesas e axúdanos a entender que o amor non sempre é perfecto e, que hai obstáculos que non é cpaz de vencer. A través da ollada de Sara e Pablo descubrimos un amor entre libros, cafés e poemas; a través da de Argos e o seu dono, unha historia de contas sen resolver; a través da de Daniel, o amor a primeira vista e a necesidade de perseguilo sen darse por vencido...

    Amor nostálxico, amor prohibido, amor adolescente... Todas as historias nos amosan a intensidade de amar e a imposibilidade de esquecer os sentimentos e sansacións que esa persoa tan especial nos provocou, e nalgunhas ocacións, perdurando ata o último alento da nosa vida.

    Coa imprescindible e importante compaña dos libros, Agustín invítanos a mergullarnos nestos dez relatos románticos: todos diferentes e , á vez, todos conectados entre si; que pretenden ensinarnos que, ao final, o único que queda é o amor.

    ResponderEliminar
  10. O único que queda é o amor é unha obra magnífica e emotiva. Na que a través de relatos moi diversos amosásenos un sentimiento común en todos: o amor, ou a súa peor parte o desamor.
    Coa obra o autor fainos reflexionar sobre innecesario que é o amor na vida de todos, aínda que este non seca correspondido, o non teña o final feliz que todos esperábamos.
    É un libro moi fácil de lee, pero sobre todo moi entretido. A historia que más me gustou foi "Loanza da fitadelia", xa que o autor amósanos como perde o diamante debido a súa ignorancia. E así nos pasa a nos vos noaa vida perdemonos pequenos "detalles" por preocuparnos polas grandes cousas, cando a verdade como si o autor que la vida " o único que queda é o amor"

    ResponderEliminar
  11. Todos os relatos cos que conta o libro teñen en común o amor, xa sexa o amor por unha parella (a maioría dos relatos), o amor pola familia (¨Meditación ante o álbum de fotos familiar¨) ou o amor por algo material, como un libro (¨Un río de palabras¨).
    Todos rematan mal, ningún consegue ese amor ou correspondencia que ansía.
    O relato ¨Unha historia de fantasmas¨, conta a historia de Diana, que perde o amor da súa vida nun accidente de tráfico, e comeza a desvariar.
    Outro tipo de fallido amor, a historia de Maria, que casada cun home que non a completa, volve ás súas raices e recorda aquel primeiro bico que lle dera Carlos e que lle fai vir a auga aos ollos. Todo isto cóntase no relato de ¨Ríos de memoria¨.
    O relato máis breve, e , para min o máis fermoso e triste de todos é o de ¨Loanza de filatelia¨. Ernesto, un home que levaba toda a vida coleccionando caixas de mistos, e Margarida, a súa muller, a quen nun principio, non lle molestaba, pero que co tempo lle colleu manía. Por iso, cando el morreu dun infarto, a muller decidiu queimalos todos, sen decatarse que unha das caixas contiña...
    Moi triste e conmovedor.
    Tamén me gustaría destacar outro relato, moi curto, conta como un home apaixoado pola lectura, intenta buscar un amor que comparta os seus mesmos gustos. Este chámase ¨Un río de palabras¨.
    Todos os relatos son moi fermosos coa historia que contan, cada un desde unha forma de ver o amor distinta.
    Chámame a atención a mención de dous grandes escritores distintos, en diferentes relatos, Jose Ángel Valente e Pablo Neruda.
    Persoalmente paréceme un libro moi interesante e fácil de ler. Sen dúbida o meu relato favorito é no que o autor toma de narrador a un can, a verdade é que era a primeira vez que lía un conto escrito desde esta curiosa perspectiva.
    Recomendo o libro, pero é moi triste que ningunha historia remate cun final feliz.

    ResponderEliminar