1 abr 2013

Misterio do cuarto amarelo


O misterio do cuarto amarelo está baseado na idea do "recinto pechado", empregada coa máxima perfección por Edgar AlIan Poe en Os crimes da rúa Morgue e consistente en situa-lo crime nun cuarto pechado. A cuestión céntrase en descubrir como o asasino abandona o lugar dos feitos, encontrándose este hermeticamente pechado no momento de descubri-lo crime.O argumento xira ó redor dos sucesivos descubrimentos de Rouletabille, o xornalista-detective que estudia o caso, e nel combínase a claridade expositiva, propia dunha reportaxe periodística, con certas pinceladas de afectividade e nostalxia que fan desta unha das máis importantes novelas de misterio clásicas.

Autor: Gaston Leroux


1 comentario:

  1. Andrea Blanco Pérez 3ºC10/4/13, 19:52

    Un caso do máis misterioso ocorre en Francia no que Mathilde Stangerson case morre asasinada. O máis estraño é que a estancia onde ocorre o crime está totalmente pechada, é imposible saír dalí...
    Este é o misterio ao que se enfrontan os policías e Larsan, mais só Rouletabille, reporteiro duns 18 anos, consegue averiguar quen é o asasino e como saíu dalí, cun final inesperado en un tanto irreal.
    É unha novela que rezuma misterio, como ben indica o seu nome. A verdade é que este relato é bastante denso e dá moitas voltas para dicir algo, pero a súa intriga faite lelo ata o final.

    ResponderEliminar