4 feb. 2013

Escola de Menciñeiros


A primeira edición deste libro é de 1960; dende aquela non deixou de engaiolar lectores

Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar.

2 comentarios:

  1. Marta López Andón5/2/13 17:00

    Nesta obra aparecen reflectidos personaxes propios da Galicia de mediados do século XX.

    Nárrasenos como eran dez menciñeiros diferentes, o súas costumes e os seus carácteres. Chámame a atención como varios do personaxes prevén a súa propia morte, como por exemplo O Señor Cordal, que dixo que se a mañá seguinte había tronada de cedo non pasaría de ese día; e así foi.

    Outro aspecto que me gustou foi que se mencionase por exemplo a Leiras Pulpeiro, dísenos que este lle consultaba os casos máis peliagudos a Perrón de Braña, ou lugares próximos a miña realidade, como Lugo,Guitiriz ou Parga.

    Recomendaría a lectura desta obra, xa que axuda a coñecer como eran os menciñeiros da época, e as súas peculiares formas de curar.

    ResponderEliminar
  2. Francisco Castro Núñez15/5/13 21:23

    “Escola de menciñeiros” de Álvaro Cunqueiro é un libro de relatos curtos sobre distintos menciñeiros en Galicia que teñen unas formas moi peculiares de resolver as doenzas dos enfermos. Os rituais que teñen os menciñeiros para descubrir que enfermidade ten o paciente e a maneira de curala son moi raras e algunhas case sobrenaturais (algún con só mirar ao paciente xa saben o que ten). Ademais, sorprendéronme as enfermidades que vían os menciñeiros nos doentes, que son distintas das que diagnostican na actualidade. Algún dos métodos curativos que me chamou a atención foi o de sangrar aos pacientes, que agora xa non se usa.
    Por outra parte, os menciñeiros non tiñan estudos de médicos pero sabían curar á xente e esta confiaba neles. En conclusión, pareceume un libro interesante e que aconsellaría ler, xa que os menciñeiros foron moi importantes en Galicia antigamente e moi valorados polo que me pareceu interesante coñecer algún dos seus métodos e o seu traballo.

    ResponderEliminar