No
campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a
soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes
que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón
sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces
resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un
fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas
que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do
anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e
cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que
desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.
O libro “O misterio das badaladas” gustoume moito porque trata de aventuras e misterios.
ResponderEliminarO que máis me gustou deste libro foi cando uns rapaces tiñan que resolver un misterio que consistía nun reloxo que, cando chegaba ás doce da noite, en vez de dar doce badaladas daba unha máis. Tamén me pareceu interesante cando, o culpable de que o reloxo soara trece veces, deixaba en cada capítulo unha mensaxe. Esas mensaxes eran como adiviñanzas e, a que máis me gustou, foi a mensaxe onde aparecían os xeroglíficos que dicían: “Xa estades no final do camiño, reunídevos no farol ás seis”.
O que menos me gustou foi que os capítulos eran moi longos e tamén porque algunhas adiviñanzas eran moi complicadas.
Finalmente, dicir que recomendo lelo xa que é moi interesante e entretido; asegúrovos que o ides pasar moi ben.
Roberto Cedrón Zas
2º ESO.A. Nº5