21 ene 2013

Merlín e familia


Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.

5 comentarios:

  1. Merlín é un mago que vive en Miranda, Lugo, e que ten contratado como paxe a Felipe, o narrador da historia. A novela está formada por unha serie de relatos independientes que teñen como vínculo os personaxes achegados a Merlín. Ademais cada conto segue un esquema: chegada do visitante en busca de axuda, explicación de Merlín, solución do problema mediante maxia e feitizos e por último partida do visitante.
    Á casa de Merlín chegan viaxeiros de moi distinta índole, a maioría deles estranxeiros, procedentes sobre todo de Francia e Inglaterra. Con isto Cunqueiro consegue internacionalizar a terra galega pero sen olvidar a cultura máis popular. Escrita á imitación da linguaxe falada, comunica o pobo galego con culturas celtas e anglosaxonas, polo que se actualizan personaxes do pasado, máis concretamente da materia da Bretaña; creando así un ambiente máxico e fantástico pero á vez moi cercano a nós.
    Un dos relatos que máis me gustou foi "A serea grega", que quería cambiar a cor da súa cola e poñela de loito. Outro que destacaría é "O quitasoles e o quitatebras", que fala sobre tres paraugas con distintas calidades máxicas. En todos os relatos queda presente a grande imaxinación do autor para inventar historias e situacións, e o seu coñecemente sobre outras culturas e outras linguas.
    Na miña opinión, o argumento é moi bo, mais non me gustou moito a narración. Nalgúns casos é engorrosa e de dificil comprensión.

    ResponderEliminar
  2. Lucía Pasarín López 2ºBAC-A18/12/15, 9:49

    As historias que neste libro se contan, están cheas de imaxinación e de maxia, pero atópanse narradas dun modo bastante complexo; xunto coa maneira de narrar, atopei un léxico certamente rebuscado e difícil de entender se non é polo contexto. A lectura tamén se complicaba coa grande cantidade de personaxes que aparecían ao longo do libro.
    O que máis me gustou foi sen dúbida a forma de enfocar as historias dun xeito autobiográfico da man do paxe de don Merlín, así como a imaxinación presente en cada unha delas. O libro, considero que é certamente recomendable para todos os amantes do chamado "realismo máxico", así como dos relatos ou contos breves.

    ResponderEliminar
  3. Andrea Blanco Pérez 2ºBAC A18/12/15, 9:56

    É unha obra notable, a pesar de que o seu léxico pareceume en moitos casos algo rebuscado e difícil de entender, o que facía que moitas veces tivera que pararme a ler outra vez algunha das historias.
    Pese a isto, puiden gozar dunha novela que rezuma maxia en cada unha das súas páxinas coa que puiden comprobar a gran imaxinación do autor.

    ResponderEliminar
  4. "Merlín e familia" publicado por primeira vez en 1955, supuxo a volta de Cunqueiro á literatura galega despois da Guerra Civil. Consta de dúas partes. A primeira parte ten 16 relatos. O que máis me gustou desta parte foi "A soldadura da princesiña de prata" é unha historia doce e fantástica con final tráxico. A segunda parte está formada por un primeiro relato: " Aquel camiño era un vello mendiño" que inclúe catro máis ( "O enano grego", " O paxe de Aviñón", " O hugonote de Riol" e "O galo de Portugal").O segundo relato da segunda parte titúlase "A novela de mosiú Tabarie", remata cun final e un índice onomástico.

    A novela está ambientada nas feiras de Miranda onde Merlín vive con Felipe ( o seu servente e protagonista). En cada relato engade novos topónimos, por exemplo as cidades francesas situadas na Costa Azul como: Montpellier, Aviñón...

    O léxico da obra resultoume complicado, tiven que reler algún dos relatos.
    Nótase que é unha novela do realismo máxico onde se ve a fantasía e a imaxinación do autor.

    A obra en xeral gustoume, mais non a recomendo como libro obrigatorio pola súa complexidade de lectura e por que che ten que gustar de verdade a fantasía.

    ResponderEliminar
  5. Andrea García, 2ºBAC15/12/17, 9:06

    Trátase dunha historia complexa con abundantes subordinacións e un vocabulario intrincado. Por tanto, non resulta doado lelo de primeira vez, é noi recomendable lelo un par de veces. Mais unha vez comprendidas as historias trátase dunha realidade-fantasía moi sorprendente.

    ResponderEliminar