11 abr 2012

Que me queres, amor?

Que me queres, amor?
Manuel Rivas
Premio Torrente Ballester 1995
Premio Nacional de Narrativa 1996
Dezaseis narracións que enxergan o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco.

Este libro, un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas.

Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de relatos de Manuel Rivas (A Coruña, 1957) supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Un orixinal universo literario que enxalza a grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Unha ollada dura e, ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén.

2 comentarios:

  1. Este libro gustoume moito,en especial porque na película "A lingua das bolboretas" aparecen os relatos " A lingua das bolboretas","Carmiña" e "Un saxo na néboa" que eu xa vira e ao leer o libro axiña me decatei que eran eses e gústoume poder lelos ademaís de velos na película.Gústame porque ao ter tanta diversidade de relatos trata temas distintos,para min algúns son cómicos,outros resultanme intrigantes,outros maís de acción e outros de romance.A diferenza dunha novela que trata da mesma historia dende o comezo ata o final se non che gusta non tes outra alternativa,pero este, aínda que algún non che gustase tiñas outros maís que si podían facelo.Esta é unha das razóns polas que recomendo leer este libro.

    ResponderEliminar
  2. Iandra González 6/06/2019
    Este libro de relatos pareceume doado de lee e con diversas historias polo que poderás identificarte con algún relato, o meu relato favorito foi “Un saxo na néboa”.
    Recomendaría este libro ás persoas que lles gusta ler relatos relacionados co amor. Hai algún relato máis interesante ca outro pero ao final son todos moi bonitos.

    ResponderEliminar