11 abr 2012

O centro do labirinto

A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.
Agustín Fernández Paz (Autor/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
13ª Edición


9 comentarios:

  1. Joel González Cabana, 3º A19/2/13, 9:04

    Gústame moito este libro porque é moi interesante, dende o principio ata o final ocorren episodios que concordan moi ben uns cos outros.
    O único que non me gustou deste libro é que ten un final aberto e eu quería saber como acaba a historia de David e Brenda.

    ResponderEliminar
  2. María Fernández Varela, 3ºPDC19/2/13, 9:19

    O libro gustoume moito,xa que David,o protagonista,ao principio éralle todo igual pero logo ao final xa era un rapaz que entendía as cousas.Creo que é un libro moi entretido e con moita intriga polo medio e no final.
    Recomendaríallo a moitos lectores,xa que me parece un libro que merece a pena ler.

    ResponderEliminar
  3. David Castro Vázquez, 3º de PDC19/2/13, 9:19

    É un libro moi interesante , misterioso, e intrigante.
    Gústame a crítica que fai a temas actuais como o consumismo, a contaminación, etc...
    Estaría moito mellor se tivese un final pechado e non aberto como ten , porque deixa o desenlace sen desvelar.

    ResponderEliminar
  4. Sofia López Valín, 3º de PDC19/2/13, 9:31

    Este libro pareceume moi bonito. Ten un final aberto, iso quere dicir que a historia pode continuar e déixanos con intriga, non sabemos como pode acabar todo, é un misterio sen resolver.
    Eu recoméndollo a todos os que lle gusten os libros de intriga e misterio.

    ResponderEliminar
  5. Nekane Varela Real 3ºPDC19/2/13, 9:32

    Esta obra a min paréceme interesante e entretida,xa que engancha dende o principio coa súa intriga.
    Aínda que ocorra na metade do século XXI moitas das súas situacións son similares ao mundo no que vivimos agora.
    O final sería máis emotivo se se resolvese e non fose un final aberto.

    ResponderEliminar
  6. Marina Serén Fraga, 3ºPDC19/2/13, 9:34

    Gustoume moito este libro porque ten entriga e romance. Gustáronme os perxonaxes adolescentes porque son da mesma idade ca nós. Ten un final aberto, gustaríame que haubese unha segunda parte para saber como acaba a hitoria.

    ResponderEliminar
  7. Brais Barreiro Alonso, 3º de PDC19/2/13, 9:35

    Este libro gustoume porque fala de varios temas que nós temos que ter en conta, como por exemplo: o respecto pola natureza, o importante que son as relacións entre pais e fillos...
    Eu recomendo este libro a quen lle guste o misterio e a intriga. A min gustariame que tivese un final pechado en vez dun final aberto.

    ResponderEliminar
  8. Rachel De León Rosario,3º A19/2/13, 9:37

    Gustoume este libro porque, aínda que a acción estea situada a mediados do século XXI, fala de cousas que pasan no mundo actual.

    Plantexa que é necesario un cambio no mundo porque senón vai producirce unha apocalise no planeta.

    O final déixate coa intriga do que vai pasar.

    ResponderEliminar
  9. Jennifer Luaces Núñez 3ºPDC19/2/13, 9:37

    A mín o libro gustoume moito,xa que é moi interesante,ocorren moitas cousas, tanto boas como malas.O que máis me gustou foi o final e gustaríame saber como segue a vida dos personaxes.É unha obra moi entretida.

    ResponderEliminar