11 abr 2012

Retrincos

 Retrincos. Un ollo de vidro
Autor: Castelao,



Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha sorte de expresionismo arraigado no popular.

10 comentarios:

  1. Yaiza Cabaleiro Fernández 2ºA20/6/12, 13:47

    Este libro gustoume moito porque conta diferentes relatos que fan referencia a momentos da vida de Castelao: cando era pequeno, mozo e adulto. O relato que menos me gustou foi " O segredo", porque cando Castelao era pequeno, ocúltalle a súa nai un suceso e eu creo que ela tamén tería dereito a saber o que ocorreu na súa cantina. Ten intriga nalgunhas historias, asi que recoméndollo ler a quen lle guste este tipo de relatos autobiográficos porque nos dá unha semblanza moi realista da vida de Castelao.

    ResponderEliminar
  2. Paula Portela Cabana. 2ºA20/6/12, 13:50

    Os relatos de "Retrincos" que máis me gustaron foron "O retrato" e "Sabela". O primeiro, por como se reflicte o amor dun pai a un fillo e o desexo de recordar aos seres queridos tal e como eran antes da enfermidade. O segundo, pola maneira en que mostra como unha vida chea de traballo e privacións deixa a súa pegada nunha rapaza fermosa e chea de vida.
    O único problema que lle atopo a este libro é que, ás veces, o vocabulario empregado faise un pouco difícil de comprender.

    ResponderEliminar
  3. Antñia Ceide Cabado 2º ESO A20/6/12, 13:55

    É un libro autobiográfico. O relato que mái me gustou foi "Sabela", xa que trata o amor e a amistade. Impactoume porque nunca pensei que o tempo fixese tantos estragos naquela moza tan ben feitiña e que pasase a ser unha muller avellentada e desdentada.
    O que menos me gustou foi "O retrato", porque aparece a morte dun neno.
    Sei que as historias de Retrincos ocorreron nun tempo pasado polas palabras usadas e as polas datas. O libro foi fácil de ler xa que ten poucas páxinas, pero encontrei algunha dificultade polo léxico que emprega.
    Recomendo esta lectura porque nos mostra unha semblanza moi humana e moi próxima dunha persoa tan importante na nosa cultura como foi Castelao. El tivo unha vida apaixoante, chea de aventuras e sorpresas inesperadas.

    ResponderEliminar
  4. Alejandro Sánchez Cela 4ºB20/6/14, 15:49

    Quedei moi satisfeito logo de ler este libro, é unha obra constituída por cinco relatos autobiográficos onde Castelao nos conta diversas anécdotas da súa vida, como el mesmo di no prólogo, estas son as típicas historias que a un lle encanta que lle crean cando as conta. Ademais de contar as distintas historias, o autor manten o clásico humor que amosa en toda a súa literatura, tamén fai gala doutro trazo importante inherente a súa narrativa que é unha forte crítica social, Castelao denuncia as malas condicións que sofren os emigrados dende a primeira persoa, tamén fala de como a súa vila natal, Rianxo, se ven a menos, este detalle vese moi ben cando el retorna a súa casa logo de ser xa deputado e encontra a fermosa Sabela moi desmellorada, maltratda por unhas malas condición vitais. É una obra moi recomendable, que non custa traballo ler e axudaranos a entender mellor a un dos nosos grandes literatos, Castelao.

    ResponderEliminar
  5. Brais Vázquez, 4ºESO A12/6/15, 8:51

    Na miña opinión este é un moi bo libro porque nos conta feitos da vida de Castelao integrados nos seus relatos. É un libro moi entretido e fácil de ler, tamén moi recomendable para quen lle guste ler en galego.

    ResponderEliminar
  6. María Lamela, 4 ESO A12/6/15, 10:01

    Este libro pareceume interesante e agradable.
    Gustoume moito pola súa sinxeleza e polo humor que podemos atopar nalgúns dos relatos.

    ResponderEliminar
  7. Armando Portela André 4 ESO C12/6/17, 13:35

    O libro pareceume incríble, porque cada historia que contén, aínda que sexa pequena, non podes deixar de lela debido a que cada liña déixache coas ganas de ler máis. A historia que máis me gustou foi "Peito de Lobo". O que máis dificil me resultou foi o vocabulario, xa que está escrito nun galego antigo e houbo moitas palabras que non comprendín.
    De todos modos o libro encantoume e recoméndoo, pero para xente que teña paciencia en intentar entendelo.

    ResponderEliminar
  8. Iria Blanco Pérez 4ºC12/6/17, 13:46

    Non me pareceu un libro especial, é dicir, non é un dos meus favoritos, mais tampouco está mal. Pareceume difícil de ler, xa que algunhas cousas non as entendía polas expresións empregadas. As historias que máis me gustaron foron a de "Sabela" e o "O retrato".
    Unha cousa que foi quizais, o que máis me gustou, foron os debuxos de Castelao que hai en cada un dos contos.
    Recoméndollo á xente que teña moita paciencia, xa que para entendelo ben require bastante tempo.

    ResponderEliminar
  9. David Fernández17/12/18, 12:11

    O que máis me gustou deste libro é que a partir del podemos coñecer varias etapas da vida de Castelao. O relato de " O inglés" interesoume a maneira de narralo que usou Castelao, xa que cadra perfectamente co pensamento dun neno. Pero se me tivera quedar con un deles, quedaríame co de "Sabela", porque mostra o deterioro físico das persoas, máis marcado nas clases populares porque non tiñan medios para coidarse.

    ResponderEliminar
  10. Jimena García 4ºA6/2/19, 18:24

    Este libro gustoume moito en xeral. O relato co que máis gocei lendo foi o de "Sabela", xa que esta personaxe recórdame á miña avoa e gústame como o autor plasma a diferenza que había entre como pasaba o tempo por unha persona que tivera unha vida máis acomodada e por unha que tivera que traballar e esforzarse moito.

    O relato que menos me gustou foi quizais "O inglés", posto que aínda que o final é moi simpático, o tema que o autor trata non espertou tanto o meu interese.

    ResponderEliminar