19 nov 2017

Un animal chamado néboa

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.

13 comentarios:

  1. A primeira pregunta que se nos vén a cabeza despois de ler este libro é a seguinte: como é o ser humano capaz de facer semellantes barbaries? A verdade é que parece incrible, pero por desgraza é certo, e milleiros de persoas foron testemuñas e viviron este horror. Hoxe en día cando falamos ou estudamos temas como o nazismo, o fascismo ou en xeral a Segunda Guerra Mundial, sorprendémonos no momento pero non lle damos máis importancia, pois como se adoita dicir o pasado, pasado está.

    Pero teriamos esa mentalidade se fósemos por casualidade os superviventes dalgunhas destas atrocidades como por exemplo o caso de Katarina ou Enemon ? Seguramente non, seguramente non seriamos os mesmos. Leváronse a cabo moitos xuízos como o de Nüremberg para condenar estes delitos chamados crimes contra a humanidade, pero, por desgraza, moitos dos que participaron nestas atrocidades fuxiron sen ser castigados como se merecían ou suicidáronse antes de caer nas mans da xustiza, pois preferiron a morte antes ca iso. Así que xustiza fíxose, pero non de todo.
    De verdade pode chegar a arrepentirse unha persoa despois de torturar a alguén ata o punto de matalo, de disfrutar vendo como nenos, nais, pais,… morrían nas cámaras de gas, de utilizalos como ratas de laboratorio, de utilizar a pel dos xudeus para facer bolsos e outros accesorios, ou de reducir cabezas para colocalas como obxectos decorativos... Se alguén foi capaz de facer todo iso, imposible que se arrepinta agora.

    Por iso se decidiu a pena de morte como a mellor opción para castigar estas persoas, que en realidade non son humanos senón animais, aínda que non existe ningún castigo que faga pagar pola morte de millóns e millóns de persoas inocentes.
    Polo tanto a Segunda Guerra Mundial foi unha absoluta barbarie, pero unha barbarie que non rematou con estes xuízos, non. É unha barbarie que segue entre nós, pero como a maioría vivimos ben e esas situación non nos afectan facemos a vista gorda.

    Un animal chamado néboa recórdanos a crueldade que existe no ser humano, móstranos o que non queremos crer pero que é certo, que está aí. Trátase dun libro difícil de ler pero para nada polo vocabulario ou polo léxico, senón polo seu contido, pola dureza dalgunhas escenas que se relatan, polos feitos que nos conta, porque un non chega a imaxinar a auténtica barbarie que tiveron que pasar milleiros de persoas . Pero para iso está este libro que nos mostra con todo detalle o retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Grazas a Un animal chamado néboa dáste de conta de moitas das cousas importantes da vida e de que existen uns límites que nin tan sequera un animal debe sobrepasar, pois son inhumanos.

    ResponderEliminar
  2. Diego Ardura28/11/17, 15:40

    Gustoume moito este libro porque ao meu parecer presenta esta etapa da historia da humanidade dunha maneira moi accesible e moito máis efectiva nalgúns sentidos ca un libro de historia. A maneira de narrar os terribles feitos acontecidos na Segunda Guerra Mundial fai que os sintas de cerca, e que se che queden gravados na memoria. Cada un dos seis relatos fala de horrores diferentes, por exemplo, un fala do acontecido en Hiroshima, outro dos terribles campos de concentracións... Gustoume especialmente a historia do capitán Charles B. McVay e o Indianápolis.

    Un aspecto negativo do libro é que ás veces as descricións das penurias que se viviron na guerra son demasiado cruentas, poden chegar a facerse desagradables. Hai pasaxes do libro que costa esquecer e deixan unha sensación de mal corpo que perdura un bo rato. É unha boa forma de abrir os ollos ante a realidade do ser humano, da maldade que é capaz de albergar no seu interior, pero pode facer querer ás persoas máis sensibles abandonar a lectura.

    En conclusión, é un bo libro, non demasiado extenso, perfecto para ler nunha tarde e aprender de paso algo sobre a nosa historia de forma entretida.

    ResponderEliminar
  3. Un libro que nos achega á segunda Guerra Mundial, a través de doferentes historias. En "Leningrado" amósanos a dureza coa que se viviu a ocupación da cidade, con dúas historias, a visión dunha nena, e unha dunha nai que acaba perdendo o que máis queria, o seu fillo. Na "Derradeira misión do buque USS Indianápolis" achéganos grazas a unha historia que ten como protagonista o amor e a curiosidade dos nenos, á historia do barco que transportou os compoñentes da bomba atómica. En "Retrato do sol nacente" demóstranos como un acontecemento triste, como foron as bombas de Hiroshima e Ngasaki acabou unindo a dous mozos. En "Canción de vila triste" nárranse os despiadados interrogatorios que foron realizados, en "un animal chamado néboa" vese reflictido os abusos sobre as mulleres, algunhas dal cales tiveron que prostituirse. o libro reata coas declaracións dos principais dirixentes dos nazis, que deixaban ver a falta de corazón e consciencia.

    "un animal chamado néboa" é un libro moi triste e inteso, e mostra as principais atrocidades producidad durante o nazismo.
    Amósanos e nárranos de maneira moi cercana o sufrimento polo que tiveron que pasar un gran número de persoas durante a guerra. Hai fragmentos do relato moi desagradables de ler...

    Outro dos aspectos que máis me sorprendeu da novela foi a dureza dos castigos e a "orixinalidade" dos nazis á hora de asasinar persoas, e a capacidade que tiveron os dirixentes para contar todas as historias dos campos de concentración nos xuizos sen apenas inmutarse. Os cales polos menos para min sábenme a pouco, e imaxino que para as victimas tamén.

    En conclusión é un bo libro que nos axuda a coñecer o noso pasado para evitar que se repita e poidamos aprender del.

    ResponderEliminar
  4. "Un animal chamado néboa" é un libro de relatos ambientados na 2º Guerra Mundial ou relacionados con esta e que nos amosan que hai momentos na historia da humanidade nos que, por desgraza, observamos que a maldade humana non ten límites.

    A autora, Ledicia Costas, narra dun xeito conmovedor as barbaridades ás que foron sometidas millóns de persoas, desde as vítimas dos nazis, ata o lanzamento das bombas átomicas de Hisoshima e Nagasaqui.

    Estremecedor, o testemuño dos nazis xulgados no relato final do libro, e que, a pesar das innumerables probas, din que non tiñan constancia do que sucedía ao seu redor; ou aqueles que optaron por suicidarse ao non querer ser xulgados coma se fosen "vulgares criminais".

    Inhumanas é a palabra que mellor describe as condicións nas que se atopaban as persoas retidas nos campos de concentración ou "lagers", desde anciáns ata os máis cativos; soportaban duras xornadas de traballos forzados e torturas ideadas polas mentes máis retorcidas e que acababan sendo asasinados.

    A autora, tamén lle dá voz a aquelas mulleres que, ademais, foron vítimas da explotación sexual; ou aos superviventes das bombas atómicas e do afundimento do USS Indianápolis.

    ResponderEliminar
  5. Cristhian fajardo, 2º BAC10/5/19, 13:23

    O libro fala das catástrofes da Segunda Guerra Mundial dun xeito realista, desgarrador e sen censura. Hai momentos onde o lector necesita tomar un descanso para poder dixerir o sucedido. Aínda así, o libro paréceme unha boa forma de informarnos desta traxedia.

    ResponderEliminar
  6. Ana Marino Fernández, 2º BAC4/6/19, 11:12

    "Un animl chamado néboa" é unha viaxe necesaria para calquera persoa e non somos conscientes da necesidade de facela ata que xa a rematamos.
    Estes relatos son histotias difíciles de ler e en máis dunha ocsión é posible que teñas que facer unha pausa, pero non podemos negar a historia. O mellor que podemos facer con ela é aprender dos errores cometidos para evitalos no futuro.

    ResponderEliminar
  7. Para min, sen ningunha dúbida, foi un dos meus libros de temática realista e histórica favoritos. Está ambientado na 2da Guerra Mundial, algo moi atractivo para os mozos, entre os que me inclúo. Debemos ter en conta que son relatos moi duros de ler, pois amósannos unha realidade moi violenta (tanto física como psicoloxicamente) que facilmente poderíamos asociar a unha distopía típica de historias de ciencia ficción.
    Ademais, ou polo menos no meu caso, este libro fai que o lector reflexione sobre distintos aspectos: a nosa historia, a crueldad humana, o tráxico destino que sufriron millóns de persoas, ademais de facer unha pequeña reivindicación feminista.
    Para concluir, só me gustaría recalcar a calidade deste libro. Lese moi fácil e resulta adictivo. Se che agradan os temas da 2da Guerra Mundial e da violencia, seguro que che gusta "Un animal chamado néboa"

    ResponderEliminar
  8. Lucia Rouco e Alba 2-BAC-B5/3/20, 14:34

    Persoalmente foi un libro que nos gustou moito e no cal nos puidemos adentrar moi ben na súa lectura debido ao tema, que nos resultou moi atractivo.
    Ademais, fíxonos reflexionar sobre os desastres que as grandes potencias chegaron a facer, deixando de lado a humanidade e empatía, como por exemplo, chegando a destruír unha vila enteira sen importarlles a xente que alí viía.
    A lectura foi cómoda xa que utiliza unha lenguaxe sinxela, ese tamén foi un motivo polo que nos gustou.

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

  10. Este libro gustoume polo tema xeral e como mostraba as diferentes experiencias que viviron na guerra. É un libro moi emotivo debido ás duras historias que conta, algunha na miña opinión moi dura de ler tamén fainos reflexionar sobre as atrocidades que pode chegar a facer o ser humano, en moitoss casos non chegando a ter compasión polas vítimas.
    A súa lectura resultoume moi fácil e o escritor consgue manter ao lector intrigado.

    ResponderEliminar
  11. Area Loureiro Villasante19/1/21, 19:52

    Na Segunda Guerra Mundial cometéronse todo tipo de atrocidades e brutalidades que afectaron a millóns de persoas e que se libraron outras tantas vítimas. Neste libro fálase de todas elas dende un punto de vista persoal, contado por persoas que viviron iso.
    Resulta sorprendente todo o que pode chegar a soportar o ser humano, pero resulta aínda máis sorprendente e tenebroso a maldade que poden chegar a ter outras persoas e as crueldades que son capaces de facer. Os relatos que o libro contén non deixan indiferente a ninguén, deixándote cunha sensación de tristura no corpo.

    ResponderEliminar
  12. Un animal chamado néboa conta unha serie de historias ocorridas na II Guerra Mundial, nas que se mostra a maldade e as barbaridades ás que somos capaces como seres humanos. A autora fai un traballo excelente narrando os feitos tal como son, aínda que poidan chegar a ser moi crús e un tanto desagradables.
    O relato que máis me impactou foi “Un animal chamado néboa” no que se pode ver a realidade á que eran sometidas as mulleres nesa época: prostitución, maltrato, fame, frío...
    Os relatos son durísimos, realmente sofres lendo este libro. Porén, me parece unha lectura moi importante para tomar conciencia das atrocidades da II Guerra Mundial.

    ResponderEliminar