5 dic. 2016

Escarlatina, a cociñeira defunta

Escarlatina, a cociñeira defunta

INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante
8ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015 - Lista de Honra do IBBY, 2016
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Descargas

5 comentarios:

  1. Victoria Arias López19/12/16 9:07

    Este libro gustoume moito,é un libro que ten moitas sorpresas que non te esperabas,ten de todo: dinosaurios,mortos,carreiras,arañas,gatos...E non nos olvidemos de Román.
    Victoria Arias López. 1º ESO B

    ResponderEliminar
  2. Gstoume moito,poñerialle un dez nunca lin un libro tan entretido.O que máis me gustou foi que Roman poido ver ao seu avó mo Inframundo.Foi ao Inframundocon Escarlatina

    ResponderEliminar
  3. Luisa Cortiñas Gabarri19/12/16 9:17

    Gustoume o libro porque è entretido e ten personaxes divertidos.
    Entretido porque ten receitas e diàlogos. E divertido porque aparece unha araña desde o nariz dunha nena defunta falando raro.
    Luisa Cortiñas Gabarri 1º ESO B

    ResponderEliminar
  4. Angie Andrea Chuna Alcantara19/12/16 14:02

    O libro de Escarlatina gustoume porque é moi divertido,vive moitas aventuras.
    A parte que máis me gustou foi cando se viu co seu avó no Inframundo.
    O que menos me gustou foi a despedida co seu avó porque se puxeron triste, porque xa non se ían ver máis

    ResponderEliminar
  5. Ernesto Corbelle Conde.1º ESO A19/12/16 14:06

    O libro de Escarlatina gustoume porque é gracioso e curto.O que máis me gustou foi a carreira entre Amanito e o avò.
    O que menos me gustou foi a despedida de Romàn,o avó, Escarlatina e Lady Horreur.

    ResponderEliminar