26 abr. 2016

Malos tempos para os fantasmas

Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se pode comunicar a través do ordenador. Un fantasma con raros poderes, condenado a permanecer na mansión ata que esta sexa destruída. Malos tempos para os fantasmas é unha novela de misterio que, axudándose do humor, nos achega ás dificultades que supón enfrontarse a múltiples cambios nos anos en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia

1 comentario:

  1. Jimena García 1ºA12/5/16 13:11

    A min o libro "Malos tempos para os fantasmas" pareceume moi divertido xa que me fai graza a relación que mantén Marta co fantasma. O que máis me gustou foi o final porque me pareceu moi gracioso o escarmento da presentadora de televisión.

    ResponderEliminar