28 mar 2016

Memorias dun raposo


Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes.Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre.


1 comentario:

  1. Este libro gustoume porque fala da vida dun raposo e das súas características: é forte, intelixente e sobre todo astuto. Esta última característica é a que máis usa nesta historia.
    Recomendo este libro, porque é moi entretido de ler, aínda que algunhas palabras non as entendera. Cualificaríao con cinco estrelas.

    Íñigo Barreiro Pérez. 1ºA

    ResponderEliminar