1 feb 2014

A cova das vacas mortas

Jaureguizar  

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.

3 comentarios:

  1. Luis Flores 3ºA
    A cova das vacas mortas é un libro pareceme bastante orixinal respecto doutros que teño lido.Ten unha temática interesante e que te envolve na historia.Conta a vida de Xoel que é un mozo de Negreira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá.
    O libro ten relación co nazismo xa que o avó de Xoel fora nazi.Tamén conta unha historia de amor entre Iria e Xoel.
    Ten unha tematica bastante diversa que é o mellor desta lectura.

    ResponderEliminar
  2. Daniel Beltrán 3ºC15/6/16, 13:38

    Eu recomendaría este libro ás persoas que lles interese como era a vida de antes e que queira aprender cousas que poucas persoas saiban. O final desconcerteume un pouco xa que mestúrase moito a historia, pero en xeral o libro gustoume moito!

    ResponderEliminar
  3. Alba Varela García 3ºC15/6/16, 13:59

    O libro gustoume bastante, aínda que lin libros mellores, pero está moi ben e trata un tema interesante. Tamén é bastante emotivo, polo o de o avó. E tamén describe unha situación que vivían moitas persoas na que época en que se narra a novela

    ResponderEliminar