3 oct 2012

Os dous de sempre


  Castelao,

Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos lectores e lectoras, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

20 comentarios:

  1. Andrea Fernández López10/10/12, 15:37

    É unha novela de Castelao na que se relata a vida de dous mozos, Pedriño e Rañolas.
    Pedriño é un mozo que só pensa en comer e que traballa cando a súa tía lle obriga, aínda que é moi lacazán. Se conseguiu traballo foi pola tía Ádega que ou pagaba ou intentaba convencer á xente para que Pedriño se puxera a traballar.
    Pola contra, Rañolas é un rapaz que decide irse da casa para poder construír a súa vida, primeiro únese a unha parella pero despois dun acto de vontade, decide que é mellor continuar o seu camiño por solitario e vai a Francia. Unha vez en París, comeza a traballar pero acaba sentindo morriña e volve a súa terra onde monta unha reloxería e vai a un cirurxián para que lle corte as pernas e lle poña unhas próteses.
    Coa novela apréndese que unha persoa pode mellorar a súa vida se o propón e se fai algo para cambiala, por outro lado, non podes agardar que todo avance sen facer nada, ou no caso de Pedriño, preocupándose só por comer.

    ResponderEliminar
  2. "Os dous de sempre", na vila de sempre onde os dous foron nados e onde creceron coas súas falcatruadas.Pero esta historia ocorre en moitos outros escenarios como por exemplo en Francia.
    Os dous rapaces medraron, Pedriño, á beira da súa tía Ádega, o que o convertiu nun folgazán; e Rañolas o seu amigo imprescindible, é eivado das pernas, aínda que tivo unha infancia peor ca de Pedriño, non se rendiu e non se afixo a folgazanería, saíu adiante e percorreu mundo.
    É unha historia na que se mostra como vai cambiando o destino dos personaxes, coma Pedro se converte nun home, casa, ten fillos, e corre a mala sorte de que é despreciado pola sogra máis os seus propios fillos; incluso emigra ás Américas e nin alí encontra consolo, pero as cousas cambian e ó final é feliz e consegue o respeto e o cariño da familia. En cambio,o pobre Rañolas, que percorreu mundo, librouse de maleantes e gañou os seus cartos no estranxeiro para poder regresar á terra, cambioulle o seu pensamente. Para el, o máis importante e conseguir ser, o que el entende por un verdadeiro home, para iso opérano das pernas e monta unha reloxería para ter un oficio, pero como se se lle truncara o destino, suicídase a modo de protesta, por darse conta das inxustizas do mundo.

    É unha historia moi interesante, dividida en pequenos capítulos que mostran como era a vida de antes, como ocorría en moitos pobos, que s econseguían postos de traballo con lágrimas, como non sempre eran os pais os que criaban ós nenos, ás veces incluso se criaban sós...fala da emigración, da fortuna e do desafortunados que son outros. De como se superan as dificultades, incluso os que non teñen medios, e como ser folgazán fai que nos atopemos con moitos outros problemas, e igual non sexamos loitadores coma Rañolas e non os deamos superado.
    Pero o que máis me gustou é a forma en que cambian os papeis, en como ó final Pedro logra ser feliz, pese a todos os seus percances, e Rañolas, dono de todo o que quería, cunhas pernas que lle permitían camiñar, o que sempre soñara, non puido coas inxustizas e ó sentirse tan só, o que el identificaba por soídade, só cos seus libros e o seu cadeliño, sucumbiu e morreu, sentado, sen apoiarse sobre ás pernas que tanto lle costara conseguir, todo porque os cartos non son o único nesta vida, o máis importante é o agarimo dos teus, se non, pregúntenllo a tía Ádega, que acabou morrendo de soídade sen o seu Pedriño.
    Así remata cunha única palabra que deberiamos considerar, este libro que acaba de igual forma que morre un dos protagonistas, remata para protestar polas inxustizas.

    É un libro moi sinxelo de ler, e con moitas sorpresas, tanto polas fermosas ilustracións de Castelao, como polo contido que fai que todo cambie.

    ResponderEliminar
  3. Lucía Cabado20/10/12, 15:28

    Os dous de sempre é unha novela sinxela pero non por ela baldía, que te atrapa na súa lectura dende o primeiro momento coas súas escenas humorísticas, e ó mesmo tempo faiche reflexionar sobre algúns aspectos da nosa vida cotiá.
    Nada máis emprender esta viaxe atopamos a Pedriño e a Rañolas, os dous amigos e protagonistas desta historia.Ambos espertan unha profunda tenrura; ó intentar “protexer” a Pedriño por ser tan bonachón e tranquilo e Rañolas ó ver as súas gañas de saír para adiante, de cambiar a súa situación económica. E aquí onde atopamos o primeiro punto que nos incita a reflexión: Pedriño ten todos os medios para conseguir ter unha vida acomodada, porén, pola súa maneira de ser, tan bo, descoidado, e sobre todo entregado aos praceres (no seu caso a comida),lévao a situación de infelicidade que viviu. Pola contra, Rañolas presenta todas as dificultades que non ten o seu amigo, e a pesar diso co seu esforzo e perseveranza consegue o seu propósito. Este claro exemplo de esforzo e sacrificio lévanos a pensar nas nosas propias metas, as cales podemos acadar coas mesmas armas có noso amigo Rañolas.
    Por outra banda, nesta obra Castelao invítanos sen querer a coñecer épocas pasadas da nosa historia; a miseria, a fame, as migracións, a maneira de buscarse a vida, de relacionarse uns con outros...E por suposto tamén nos ensina a lingua empregada no momento polo pobo, o galego, e as respectivas variacións con respecto de agora.Este conxunto de elementos tamén lle aportan a narración un voto máis a favor da súa lectura; coñecer o noso pasado.
    Finalmente, tamén cabe destacar o aspecto que sen dúbida máis me gustou que foron todas esas escenas as cales quixeras ou non che acaban sacando un sorriso.
    A suma de todos estes elementos entre outros moitos conforman esta obra mestra, que sen dúbida, lle recomendaría a calquera persoa interesada na lectura divertida e o mesmo tempo didáctica.

    ResponderEliminar
  4. Laura García Viña22/10/12, 22:15

    Nesta obra Castelao, amósanos dúas figuras totalmente distintas. Por unha banda está Rañolas, que se desvive e fai todo o posible por ter un futuro digno, emigra a París para ver se alí hai mellor calidade de vida e máis traballo. Optou por moitas vocacións pero a que realmente lle gustou e o fixo regresar a Galiza foi a de reloxeiro. Rañolas ó final da historia suicídase como protesta.
    E por outro lado está Pedriño, un rapaz que dende novo o único que lle importaba era a comida, só se adicaba a eso; a comer. A súa tía Ádega dende sempre intentou que saíra adiante e buscoulle diferentes traballos pero non foi posible, logo casou con unha rapariga do pobo e a súa sogra (a siña Filomena) fixo un pouco o papel da tía Ádega, pero non obtivo resultado algún. Ata que un día Pedriño canso da súa sogra intentou atacala e entón Filomena orgullosa de que o seu xenro reaccionara fixo que traballara para o concello.
    Polo tanto Castelao amósanos dúas figuras totalmente contrapostas, e tamén mediante estes personaxes nos conta un pouco as grandes dificultades que antes había para poder buscar traballo e unha boa vida. Persoalmente a min este libro gustoume, xa que a parte de contarnos historias moi interesantes ten un punto humorístico.

    ResponderEliminar
  5. “Os dous de sempre” conta a historia de dous rapaces galegos que o único que os une é unha gran amizade, xa que eles son polos oportos, como o día e a noite. A súa amizade comeza cando Pedriño ten que irse a vivir á casa da tía Ádega xa que os seus pais non poden manter a todos os fillos. Na vila da tía Ádega coñece a Rañolas, o outro de sempre, que é un rapaz eivado das pernas e que vive coa súa nai alcoholica.

    Os rapaces fanse grandes amigos pero seguen medrando e con eles medran as súas responsabilidades, co que cada un ten que seguir a súa vida por camiños separados e moi distintos. Mentres que Rañolas se busca a vida por sí só e decide emigrar trala morte de súa nai, Pedriño segue vivindo da súa tía Ádega á espera de que ela lle resolva os seus problemas.

    Rañolas emigra e polas Américas comparte vivencias con xente de aquí e de alá; pero a que máis lle marcou foi a do afiador ourensá, do que máis tarde seguiu os seus pasos e regresou á súa vila tras facerse rico e aprender o oficio de reloxeiro. Mentres tanto Pedriño seguía na súa vila probando traballos nos que non duraba nin un telediario.
    Máis tarde Pedriño casou e tocoulle unha sogra coa que ninguén soña, e que máis tarde o fixo emigrar xa que o botaran do traballo. Despediuse da súa vila e do seu amigo Rañolas que xa regresara á vila e se operara das pernas e colleu rumbo as Américas. Ao outro lado do charco esperábao o primo Manoel, quen lle ofreceu traballo na súa pulpería, pero Pedriño non servía tampouco para eso, nin para coidar ovellas co cal tivo que volver para a súa casa, e os camiños de Pedriño e Rañolas volveronse xuntar, pero non por moito tempo, pero se queredes saber o final da historia destes dous teredes que ler o libro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Podías contar el final q no te cuesta nada

      Eliminar
    2. Tamén podías lelo ti, pero o Pedriño remata feliz e o Rañolas suicídase como protesta

      Eliminar
  6. Marta López Andón6/12/12, 12:51

    Nesta novela nárrase de forma paralela a vida de Pedriño e Rañolas, dende a infancia ata a madurez. Son dous personaxes totalmente opostos, Rañolas sería idealista e loitador, mentres que Pedriño ten un carácter comformista.

    Vemos claramente estes aspectos na obra; Rañolas marcha a Francia, para conseguir cartos, e volve sabendo outro idioma e con un oficio aprendido (reloxeiro). Mentres tanto Pedriño quedou en Galicia, e logrou casar, sen saber que a súa sogra controlaría toda a súa vida, ata que un bo día deciu ameazala cun coitelo e esta comezou a terlle respeto, posto que demostrara que tiña carácter.

    Cóntasenos a vida destes dous claros exemplos de dúas personalidades diferentes dentro da Galicia do século XX, as que tamén reflexan dúas posturas actuais de enfrontarse ó mundo.

    Recomendaría a lectura de este libro posto que me gustou moito a forma de contar a historia, que consigue facer que nos acheguemos ós personaxes. Tamén porque axuda a coñecer un pouco máis como era situación das xentes de Galicia nestes tempos.

    ResponderEliminar
  7. Laura 2º BAC B20/3/13, 14:40

    Os dous de sempre é unha obra escrita por Castelao.

    Nela nárrasenos a vida de dous rapaces, Pedriño e Rañolas, que se coñecen dende novos pero que elixen camiños diferentes.

    Con esta obra apréndese que non importa as circunstancias adversas ou favorables que teñas na túa vida porque se verdadeiramente queres podes cambialas e conseguir todo o que te propoñas.

    Como isto está o exemplo de Rañolas: é eivado dunha perna e a súa nai bótao da casa polo que comeza a gañarse a vida cuns moinantes.
    Pouco a pouco vai aforrando e pode comprarse un burro e en canto tivo a oportunidade non dubidou en emigrar a Francia, onde aforra o diñeiro suficiente para retornar a súa aldea, montar unha reloxería e pórse unhas próteses nas pernas.
    Só coñecemos da súa familia a nai que o bota da casa e posteriormente morre.
    Rañolas tívose que enfrontar só os diversos problemas que lle ían xurdindo pero foi capaz de resolvelos.

    O personaxe contraposto é Pedriño: un mozo lacazán que só pensa en comer. Conta co apoio da súa tía que lle consegue diversos traballos posto que se levaba ben con don Andrés (o cacique da vila), pero a Pedriño interésalle máis a comida que o traballo e sempre o acaban botando.
    Igualmente a súa vida é desgraciada: casa cunha muller e lévase moi mal coa súa sogra que se burla del constantemente, ata o punto de que intenta matala. Ademais disto o seu matrimonio non parece feliz xa que Pedriño dubida se serlle infiel a súa muller, feito polo que terá que emigrar a Arxentina cun parente, onde tamén lle encontran varios traballos que perde polo que ten que regresar.

    Con todo isto vemos como Rañolas chega a ser alguén importante empezando cunhas circunstancias desfavorables. Mentres que Pedro debería ter unha vida máis feliz ó contar co apoio da súa tía, da muller, coa axuda do cacique da vila... e incluso chega a formar unha familia ó ter fillos.

    Tamén se aprecia que as apariencias enganan debido a que a tía de Pedriño non o deixa falar con Rañolas ó consideralo unha mala influencia pero Pedro sería en verdade o que non leva unha boa vida ó non ter ningunha aspiración ademais de comer.

    O único que non me gustou da novela é que se suicidara Rañolas ó final porque leváralle moito traballo chegar a conseguir todo o que tiña e parecíame un personaxe bo e traballador polo que penso que merecía un final feliz.
    Ental caso, faría o final tráxico para Pedriño posto que nunca se lle viu ilusionado con alguén ou con algún proxecto, non ten ilusións nin soños

    ResponderEliminar
  8. ras estudar a Castelao, quedei con ganas de ler algún dos seus libros. O departamento de Galego, ofreceu como libro optativo, “ Os dous de sempre”.

    “Os dous de sempre”, é unha historia de dous amigos da infancia, moi diferente fisicamentes e psicoloxicamente. Pedriño uns dos protagonistas, reflicte unha forma de ser en concreto; dende neno sempre se lle deu todo feito e que estivo sobreprotexido da súa tía, a tía Ádega. Debido o exceso de protección, Pedro vive unha vida ausenta de esforzo, espera que todo sexa coma cando el era pequeno,e espera que os traballos veñan a el, non ir el a eles, e busca que todos eles sexan doados, ou adecuados , sen esforzarse por aprender.

    Por outra banda, atopámonos con Rañolas, un home que naceu sen que a vida lle sonrrie. Nace cunhas deformacións nas pernas, e a súa nai non ten cartos. Dende pequeno mándao a andar polo mundo. Reflicte aquí Castelao, moi ben a calidade do emigrante .Pero Rañolas é un claro exemplo de superación, un home que loitou ata ó final polos seus soños, sen ter nada dado na vida.

    Persoalmente recomendo a lectura, é un libro de doada de ler e que chega directo ao corazón. É un exemplo da vida mesma, e co que podes aprender moito.

    ResponderEliminar
  9. Ó ler este libro todo mundo síntese indentificado con un dos seus protagonistas. Todos coñecemos a un Pedriño, un amigo que é unha persoa conformista, fácil de manezar, que se acomoda coa súa situación, sen buscar complicacións e evitando problemas. Ou un Rañolas, unha persoa incorformista, aventureiro, en búsqueda da felicidade e sempre coas intencións de realizarse como persoa.
    Neste libro os dos protagonistas representan estilo de persoas distintas o que fai desta historia, un libro completo e cercano a todos nós. Un libro que che fai reflexionar sobre as metas que tes pensado conseguir un futuro.
    Nas aventuras destes dous personaxes pódese ver como ningún tivo un "camiño de rosas" se non que pasaron situacións complexas que os foron formando como persoas por separado. Cando se volven a xuntar, encóntranse duas persoas totalmente distintas, aínda que segue sendo "Os dous de sempre"

    ResponderEliminar
  10. Andrea Mª Gayoso Rodríguez , 4 ESO B12/6/15, 9:57

    Pareceume unha obra moi divertida, comezas a lela e xa non paras, as aventuras dos personxes engánchante "ipso facto". O relato ten un final estrano , confuso , no que un dos personaxes morre da forma máis inesperada. É interesante tamén a forma na que trata Rañolas a súa vida, da nada a unha cultura básica cun bo traballo, aínda que ten un final tráxico.

    ResponderEliminar
  11. Rocío Valín Morandeira, 2 BAC11/11/16, 11:16

    A lectura deste libro para min constituíu unha reflexión sobre as actitudes que podo adoptar na miña propia vida. Ó mesmo tempo, tamén simpaticei cas personaxes, sobre todo con Rañolas, cuxa apstitude constitúe un claro exemplo a seguir para min.

    ResponderEliminar
  12. CRISTINA CASTRO GONZALEZ 1º BAC B30/11/16, 17:26

    No libro "os dous de sempre", Castelao preséntanos a dous personaxes Pedriño e Rañolas, amigos dende pequenos, a pesar das súas grandes diferencias. No libro, o autor reflicte en cada personaxe dúas formas moi difentes de ver a vida, a primeira, a de Pedriño, que toma unha actitude conformista que roza a pasividade e a segunda a de Rañolas que vai a adoptar unha actitude incorformista. Na miña opinión o autor nos fai reflexionar sobre que ás veces aínda que temos a xente que nos axuda, se nós mesmos non poñemos interese e non facemos nada non imos conseguir o que queremos, que o que lle aconteceu a Pedriño. Mentres que aínda partindo da nada pódense conseguir grandes cousas, como acontece no caso de rañolas, tras unha gran loita.
    Por outro lado na novela, Castelao reflíctenos o pobo galego da súa epoca, amósansenos as duras condicións dos galegos e a dificultade para adquirir un certo grado de cultura. Tamén atopamos outra realidade dos galegos, a emigración. E ensínanos as duas caras dela . Por un lado Rañolaz emigra a Paris e consegue volver de maneira exitosa a Galicia, mentres que Pedriño volve de Arxentina tal e como se foi.
    En resumo recomendo a lectura do libro, xa que é sinxela e doada de entender e a súa vez servenos para coñecer máis a fondo a nosa cultura e tamén para facernos reflexionar sobre a actitude que podemos tomar cara a vida. No meu caso sentinme identificada coa actitude de Rañolas, que é aventureiro e loitador, aparte de inconformista coa vida que tenía que vivir, pero consegui cambiar o seu destino dalgunha maneira.
    Se tivese que resaltar o que menos me gusto sería a morte de Rañolas ao final do libro, xa que na miña opinión non é un final digno para o personaxe, aínda que o fixese a modo de protesta.

    ResponderEliminar
  13. ´´Os dous de sempre´´ novela escrita por Catelao, pareceume un dos libros máis entrentidos que lin, é sinxelo e a súa historia é preciosa, tanto polas ilustracións do autor coma polo contido.
    É una obra na que tamén podemos apreciar a vida nas épocas anteriores e como todo pode cambiar ao longo do tempo e como se poden superar as adversidades.

    ResponderEliminar
  14. Os dous de sempre é unha obra que trata de dous personaxes, Pedriño e Rañolas:
    Pedriño tenas todas consigo para facerse alguén importante na vida pero é un preguiceiro que se conforma con comer ben e traballar o menos posible.
    Rañolas é un loitador nato dende pequeno anque a súa situación non permite que dea moito de si pero, ao ser tan loitador, consegue o que se propón.
    A través da obra, penso que a intención de Castelao é facernos ver que temos que loitar polos nosos soños, pese a dificultade destes. Paréceme unha ensinanza fermosa e narrada dunha maneira agradable e entretida.
    Penso que o que saquei en limpo foi moito máis que unha mera ensinanza. Aprendín que por máis que sexa difícil algo, hai que loitar por elo, se é iso o que queremos. É moito máis importante a nosa actitude ao facer unha acción que facer unha acción sen a actitude correspondente.

    ResponderEliminar
  15. Esther Pena, 2º Bac15/6/17, 11:43

    Desta novela o que máis me gustou non foi a historia en si, senón o xeito en que foi contada. Eu xa coñecía esta novela antes de ler o libro, de que trataba, o final, mais a pesar diso a historia enganchoume dende o primeiro. É un libro ameno, sinxelo e agradable de ler. Moi recomendable.

    ResponderEliminar
  16. Ana Marino 1º BAC14/11/17, 20:28

    Despois de ler este libro, podo dicir sinceramente que me parece unha gran obra. A forma na que o autor narra a historia dos protagonistas permítenos coñecer a realidade tal e como era na época. Non me refiro só á sociedade ou á forma de vivir ou de traballar, senón tamén a forma de ser da xente. Pedro e Rañolas representan dous arquetipos do comportamento humano que incluso podemos identificar na actualidade. Por un lado, Pedro móstrase como un conformista. É un home sinxelo que non ten ambición nin valor para perseguir os seus soños. Polo outro lado, Rañolas representa o idealismo. É unha persoa soñadora que ten valor e ilusións.
    A miña parte favorita é cando os personaxes principais aínda son cativos. Gústame esa etapa na que Pedro vai vivir coa tía Ádega, coñece a Rañolas, fanse amigos e logo teñen que separarse. Nela móstrase a vida de dous nenos que non viven unha situación fácil e que se apoian entre eles.
    En definitiva, este libro gustoume moito pola trama e por como está expresado e recoméndollo a calquera persoa á que lle guste a lectura.

    ResponderEliminar
  17. Esta obra de Castelao é moi entretida,e el quere explicar como se intentou gañar a vida Rañolas que non tiña pernas e fai un esforzo de superación para buscar traballos dentro e fóra de Galiza,e como as persoas que queren conseguir algo se o intentan o conseguen.
    Tamén,hai outra parte que é Pedro,que por moito que teñas,e tamén facilidades para conseguir un traballo,se es un lacazán e non te moves por conseguilo nunca terás nada e serás un desgraciado toda a vida.
    Polo tanto,hai contraposición nas vidas destos dous exemplos de diferentes personalidades dentro da Galiza do século XX e reflicte como se enfrontaron os dous ó mundo.

    ResponderEliminar
  18. “Os dous de sempre” parecéume un libro entretido que ten moito que ver coa realidade da vida. Principalmente conta a historia de dúas persoas moi distintas, aínda que nun pasado tiveron relación entre eles. Eles viven e ven a vida dende dúas perspectivas moi distintas. Pedro cre que ten a vida solucionada, xa que de pequeño a súa tía llo daba todo por feito. De maior convertéuse nun lacazán que quería comer a todas horas e sen obxectivos na vida. Rañolas, porén, tivo que buscar a vida dende pequeno, persegue os seus sonos e ten obxectivos na vida. Este libro ten algunas partes tristes e melancólicas como cando lle morre a nai a Rañolas ou a tía Ádega, cando Pedro intenta matar a súa sogra cun cóitelo de postre… pero tamén ten moitas partes de alegría e superacións.
    O libro é doado de ler, aínda que ó principio me custou entender ben de que ía a historia, pero despois de ler tres capítulos, empezas a fiar e entender todo. Son capítulos breves nos que van falando un pouco de cada personaxe, xa que unha vez que son mozos, tomaron rumbos diferentes.
    A verdade é un libro que me gustou e que recomendo ler.

    ResponderEliminar