3 oct 2012

O cazador de papaventos

A vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se achega un dos periodos máis cruentos e tenebrosos que padeceron os milenarios pobos que a habitan. O CAZADOR DE PAPAVENTOS é a conmovedora historia de dous pais e dous fillos, da súa amizade e de como a casualidade pode converterse en fito inesperado do noso destino. 
Obsesionado por demostrarlle ao seu pai que xa é todo un home, Amir proponse gañar a competición anual de papaventos da forma que sexa, incluso a costa do seu inseparable amigo Hassan. 
Amir aproveita a fidelidade do seu amigo e comete unha traizón que os separará de xeito definitivo.
O mozo Amir recordará durante toda a súa vida aqueles días nos que perdeu un dos tesouros máis preciados da persoa: a amizade. 

3 comentarios:

  1. Paréceme unha historia tenra, conmovedora e cautivadora, cunha temática totalmente diferente ao que estamos acostumados a ver pero que non debería sernos allea. Está claro que o tema central é a amizade e a lealdade, aínda que se nos presenta dende dúas posicións diferentes. Por un lado Hassan, o neno hazara e pobre, é quen de dar a cara por Amir e defendelo sen nunca pedir nada a cambio. Porén esta acción non é correspondida, pois ás veces atopamos a Amir fuxindo cando seu amigo te problemas, e aínda así o coitado de Hassan non lle replica nada.

    A novela relátase en primeira persoa, polo que os sentimentos tanto de culpabilidade, medo e remordemento que o protagonista ten están moi marcados. Con isto o autor consegue que nos sintamos máis identificados co personaxe, creando así un sentimento de afindade cara unha cultura tan tallea e descoñecida como é a cuntura afgá. Persoalmente, fíxome máis consciente da situación que están a vivir e cambioume os prototipos tan erróneos que tiña con respecto as súas xentes e cultura.

    A novela ofrece así mesmo unha visión de Afganistán completamente diferente: unha esperanzadora e próspera do pasado (antes de que os Rusos a ocuparan) e outra terrorífica e brutal da cruel realidade actual. Tamén mostra a soidade e a dureza que se vive durante o exilio e como esas persoas que o dan se senten orfas, posto que xa non se senten parte da súa terra natal pero tampouco naquela onde recibiron asilo político.

    O libro ensinoume que os errores que cometemos acompáñanos durante toda a nosa vida, e que por iso debemos intentar resolvelos canto antes.Tamén que as nosas accións provocan un efecto noutras persoas e que polo tanto debemos actuar asumindo esa resposabilidade. Penso que é un dos mellores libros que lin ultimamente, cargado de sorpresas e que ofrece unha ración de realidade que desgraciadamente está a suceder sen que moitas persoas se preocupen.

    ResponderEliminar
  2. Lucía Cabado Sánchez6/4/13, 22:02

    Quizais bastaría para valorar esta obra dicir que foi unhas das mellores, senón a mellor, que lin, sinalando que nas miñas mans xa caeron unhas cantas, e algunhas delas moi boas. É un relato que, sen dúbida, non te deixa indiferente.
    E cal é o motivo fundamental do meu agrado por ela? Pois sen ir máis lonxe, a profundidade da historia que conta, a cal está cargada de sentimentos, de emocións...e dicir, é unha historia na que o teu corazón esta moi presente. É difícil de esquecer esa forte amizade entre Amir e Hassan, e ese “amor” que había entre ambos: “Por ti, faríao outras mil veces máis” , ou tamén conmove ver as envexas, os celos ou a maldade que habitan nas persoas, incluso entre individuos que son coma uña e carne.
    Ademais da parte emotiva, tamén cabe destacar que o libro nos amosa parte da convulsa historia do Afganistán dos últimos 30- 40 pasados anos, e ensínanos unha cultura moi diferente a nosa, pero non por ela menos valiosa ou interesante, o contrario, na cal podemos ver moitos valores que parece que na nosa sociedade de foron esvaecendo como o respecto, o valor da palabra ou a verdadeira esencia dunha amizade.
    Por outra banda, un aspecto que tamén me gustou moito foi o dinamismo e axilidade dos feitos. É un libro que non pasa varios capítulos relatando o mesmo, senón que en cada un sorpréndete cun feito que cambia a historia completamente e mantente a alerta en todo momento, impedíndoche abandonar a historia ata que rematas.
    Creo que non fai falla dicir, que Khaled Hosseini é un autor que, sen pensalo, pasa a formar parte da listaxe dos meus autores favoritos e concretamente esta obra, xa foi, e seguirá sendo, unha das que recomende indiscutiblemente.

    ResponderEliminar
  3. Andrea Blanco Pérez 1ºBAC A1/3/15, 12:35

    Esta historia ademais de facernos reflexionar sobre certos temas como a amizade, a pobreza ou a morte, tamén nos achega ao Afganistán esplendoroso dos anos 70, en contraste co que é agora, co que queda del.
    Tamén nos amosa a cultura e as diferentes tradicións afgás ademais da idiosincrasia dente pobo e das súas xentes.
    Penso que é un libro difícil de esquecer que non deixa indiferente a ninguén. Sinxelamente fantástico.

    ResponderEliminar