1 may 2012

O curioso incidente do can á media noite





Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

3 comentarios:

  1. Gloria García Vivero, 4ºB28/4/14, 11:07

    A verdade é que facía moito tempo que non lía un libro tan impresionante coma este. É un libro que nos introduce e nos permite achegarnos e ver máis de cerca a vida diaria, as complicacións, e a maneira de ver e vivir a vida dun neno, que neste caso sofre una enfermidade coma é o autismo. Quizás o máis interesante deste libro é que, ademais de ensinarnos todas as dificultades que pode sufrir a xente con este problema, tamén nos amosa as súas fantásticas e abraiantes capacidades nas matemáticas ou na física, ou a súa eficaz memoria, ou incluso a súa capacidade para ver o mundo exterior concentrándose no que observan, e analizando todas e cada unha das cousas que están ocorrendo ao seu redor. Tamén nos fai reflexionar sobre moitos estupideces que cometemos, e que eles ven dunha maneira totalmente ilóxica, e non sen razón, xa que por exemplo non poden entender e sorpréndelles, tal e como se menciona no libro, cando alguén está no campo e en lugar de gozar do paisaxe, está pensando en asuntos totalmente absurdos. É realmente emocionante poder situarse no pensamento deste rapaz, Christopher, e entender que o leva a facer cada cousa, porque decide tomar decisión ás veces un pouco extremas e raras, e, sobre todo, entender que son aquelas cousas que eles non poden comprender, e nas que nós temos que intervir para axudalos a velas. É un libro marabilloso, como xa dixen, que nos introduce un pouco máis no mundo do autismo e nos fai recapacitar e pensar en todas as complicacións que eles teñen, e que moitas veces nós agravamos máis en lugar de axudalos. Unha entrañable historia, coa doses exacta de misterio aventura e emoción, na que resalta, sobre todo, a orixinalidade e o compromiso co tema escollido.

    ResponderEliminar
  2. Lucía Raña 4ºB24/4/18, 16:12

    Este é un libro un tanto curioso, xa que é moi distinto a calquera novela de asasinatos, aínda que non o é pero poder chegar a parecelo polo seu título. Céntrase no caso do "asasinato" dun can. Sobre todo, é moi innovador, xa que nos topamos cun neno con autismo que ten que pasar por varias liortas para descubrir quen é o asasino do animal.
    É un libro que dá moitos xiros e nunca esperas o que vai pasar e ademáis é moi interesante porque che axuda a entender o comportamento dos nenos con autismo.
    Eu recoméndoo totalmente, aínda que ás veces pode ser un pouco pesado, é moi fácil de ler e ao mínimo detalle xa te enganchas un pouco máis e tes que seguir lendo. É diferente, pero moi útil para entender os pensamentos da xente con circunstancias diferentes ás nosas. Gustoume moito e foi entretido

    ResponderEliminar
  3. Alicia Illán, 4ºB28/3/19, 12:01

    Creo que este libro debería lelo todo o mundo, pois a xente ten moitos prexuízos e, ao lelo, veían que realmente a xente con autismo é igual ao resto, pois soamente teñen unha forma distinta de ver as cousas. Se tivera que cualificalo, daríalle un 9 sobre 10, pois foime entretido e mantívome enganchada ata o final.

    ResponderEliminar