1 may 2012

Memorias dun neno labrego


O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros".

 Autor: Xosé Neira Vilas


27 comentarios:

  1. Sara Fernández Meijide. 1º Bac B5/5/12, 10:13

    "Memorias dun neno labrego" é unha novela onde se reflicte a vida das familias labregas dos anos 50.
    Esta obra céntrase na vida dunha familia os cales teñen que pasar por diversas dificultades económicas e sociais.
    Este libro son as memorias do fillo pequeno desta familia, moi pícaro e valente, acostumado a cavilar sobre temas dos "grandes". Apenas ten amigos xa que é moi incomprendido polo resto dos compañeiros da vila.
    Traballa servindo, xunto ó seu pai, nunha casa de ricos, a cal termina sendo un grave problema para el.
    É unha novela aparentemente coma outra memorias calqueras, pero, lendo atentamente, podese captar todas ás inxustizas e penurias que tiveron que pasar moitos antepasados nosos.
    Este libro faiche refexionar sobre todo no que tes e o que non teñen moitos rapaces, e aprendes valorar moito máis todo o que che rodea.
    Faiche sentir moi afortunado ou afortunadado que hoxe día tes e es.
    Afortunada por ter unha boa escola a que vir, por non ter que traballar neasas condicións...¨
    Un gran libro para maiores e pequenos.
    Por: Sara Fernández Meijide.

    ResponderEliminar
  2. Elba López Fernández 1º BAC B5/5/12, 13:17

    Aínda que nos libros de historia podemos estudar as características do mundo rural da época da posguerra, nesta novela podemos vivir máis de cerca os sentimentos e vivenzas desa xente que se reflicten nos protagonistas.

    A novela crea un sentimento de compresión e a vez de tristura ao ver a inxustizas e desigualdades existentes naquela época e que hoxe en día logramos romper aínda que non de forma completa.

    Baixo o meu punto de vista a novela faiche reflexionar e valorar a calidade de vida da que dispoñemos a pesar de que moita xente segue a vivir en condicións pouco dignas.

    " Memorias dun neno labrego " tamén nos leva a coñecer as tradicións e costumes do mundo rural de aquela época e permite comparar os valores e incluso o diferente valor que se lle pode dar a mesma cousa dependendo do momentos histórico. Tamén observamos na novela un espíritu de rebeldía e intento de loita pola liberación persoal.

    Grazas a este libro comecei a valorar cousas que antes non valoraba. É un libro para reflexionar.

    Por: Elba López Fernández.

    ResponderEliminar
  3. A novela gustoume posto que nos explica como vivía a sociedade daquela época. Transmite moi ben as diferenzas entre as diversas clases sociais e o día a día da xente labrega.

    Dábame moita pena Balbino xa que na novela laméntase continuamente por ser pobre pero el non pode facer nada para cambialo, posto que non dispón de diñeiro e daquelas senón tiñas diñeiro só podías traballar.

    A pobreza deste neno móstrase por exemplo cando lle fai ilusión atopar unha simple caixiña de madeira. El con este feito ilusiónase moito ó pensar que dentro pode haber diñeiro, pero esta alegría dúralle pouco.

    A vida deste neno foi moi dura e sempre se sentiu mal porque os da súa familia non lle facían caso e ata lle pegaban as veces en vez de falar con el. O único co que so pasaba ben era co seu can Pachín, pero este morreu envelenado.

    Por iso me gustou o libro porque reflicte os problemas dun simple neno que non é feliz pola vida que lle tocou vivir e porque apréciase a pobreza da poboación galega e española que acabou emigrando a América.


    Laura 1º BAC B

    ResponderEliminar
  4. Gloria García Vivero 2ºA20/6/12, 13:52

    Gustoume coñecer algunhas características da vida dos nenos que vivían nas aldeas fai tanto tempo, os seus costumes e a vida tan dura que levaban... O que máis me gustou foi ver e sentir o que vivíu Balbino, e poñerme na súa pel.
    Chamoume a atención a dureza coa que se trataba nesa época ós nenos, o novos que eran os rapaces cando comenzaban a traballar, e toda a infancia que perdían. Tamén me fixei na gran diferenza que existía entre os pobres e os ricos. Resultoume doado de ler.

    ResponderEliminar
  5. Diego Ardura 4ºESO C18/4/16, 15:57

    Este libro encantoume!

    Sorprendeume moitísmo que fose tan entretido. A forma de escribir que ten Neira Vilas é incrible: describe as cousas moi ben e utiliza unha linguaxe moi rica e enxebre pero sen facer a lectura nada pesada. Ben podería ser un relato que me contase un dos meus avós (tamén nenos labregos.)

    Deste libros saquei moitas citas que me gustaron:

    "Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade o para arredarse dela"

    "Hai moitos home e mulleres que parolan na mesma linguaxe e non se entenden"

    "Como se para ser grande non tivesen que pasar anos. Porque o tempo nin se acelera nin se detén. Marcha sempre ó mesmo paso. E segundo o que procuremos del, pode parecerno que bole ou demora."

    "Porque o tempo o mesmo cura feridas que fai apodrecer árbores"

    En definitiva, un libro que me encantou e que lle recomendaría a calquera persoa que queira saber un pouco máis da súa terra e ler unha das mellores obras escritas en galego de todos os tempos.

    ResponderEliminar
  6. Grazas a este libro, hoxe, podo coñecer algo máis a historia dos meus antepasados. Sempre teño escoitado aos meus pais e aos meus avós que a vida na aldea é dura, pero non sabía ate que punto. Eu nunca lles puiden dar a razón porque non o sabía, non sabía o que era vivir nunha aldea, non ter xoguetes, ter que traballar dende ben novo, ser débil ante as desigualdades e as inxustizas...

    Son moitas as cousas negativas de vivir nunha aldea, pero tamén as hai boas: o contacto coa natureza, unha vida tranquila, as festas...

    Gustoume moito este libro e é fácil de ler aínda que haxa palabras antigas, pero pódense entender perfectamente polo contexto. Pareceríame unha boa idea que se considerara como lectura obrigatoria xa que podemos aprender moito acerca da nosa cultura e ademais é un libro entretido e con intriga.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pareceume moi interesante a visión do mundo que nos da o protagonista. Quere recordar os nosos antepasados, outra época na que as cousas eran máis duras, na que dende nenos se traballaba moito, e tamén o de ter un amo, do que dependían totalmente.

      María Fariñas 1°Bac C.

      Eliminar
  7. É moi interesante ler estes feitos, ademáis reais.Pódense aprender del moitas cousas e é un libro moi entretido. Ademais recomendoo, xa que é un libro moi sinxelo e doado de ler, sen problema ningún para compréndelo.
    O mellor é a maneira de pensar e ver as cousas de Balbino, é un rapaz moi intelixente e cavilador. Unha das cousas nas que máis insiste é en que el é un ninguén por ser pobre; ten "envexa" do fillo do señor porque vive moito mellor que el...pero tamén cavila en que hai xente máis pobre e que o pasa peor que el.
    "Memorias dun neno labrego" é unha lectura moi entretida, da que é moi difícil perder o fío xa que é moi sinxela. Gustoume moito, agora a pola segunda parte!
    María José Roibás 1ºbac C.

    ResponderEliminar
  8. Ainara Corredoira 1º BAC B28/11/16, 18:11

    O protagonista do libro, un rapaz chamado Balbino nado no seo dunha familia humilde de caseiros galegos, achéganos aos anos 30, 40; máis ou menos aos anos da infancia dos nosos avós.

    A través do que vai escribindo no seu caderno, podemos poñernos no seu lugar e facernos unha idea de como era a vida dos nosos ancestros naquela época, e como vivían situacións tan importantes como: a emigración, as desigualdades sociais, o loito, as celebracións, a liturxia... Moitas delas, aínda vixentes nos nosos días.

    Da man do caderno de Balbino, viviremos unha chea de aventuras imposibles de esquecer, facéndonos partícipes do día a día da súa familia labrega, do que pensa, do que sente, como podería facer calquera rapaz da nosa idade, a pesar de que se avergoña do que el mesmo escribe.

    Trátase dunha historia moi especial que nos achegará lembranzas dos relatos que nos contan os nosos avós sobre as súas vivencias nun tempo non moi afastado e, en moitas ocasións difícil, pero tamén feliz.

    ResponderEliminar
  9. Co libro Neiras Vilas a través de Balbino achéganos á Galicia de non fai moito tempo, unha Galicia que era na súa maoir parte tristeza e pobreza, aínda que houbesen momentos felices.
    O libro é unha lectura moi satisfactoria, xa que aínda que nun primeiro momento poda parecer un libro máis de memorias como todos o que podemos atopatar, na miña opinión non é así, xa que grazas a novela podemos coñecer todas as inxustizas e penurias que pasaron os nosos antepasados, e está relatado de tal maneira que é un libro que invita á reflexión. Ensinoume o valor das pequenas cousas, ensinoume a ilusionarme co protagonista, e a súa vez a pasalo mal xunto del, xa que pouco a pouco e sen darte conta poste na pel de Balbino.
    É unha novela que nos serve para coñecer a época dos nosos avós cando eran mozos, é unha maneira de coñecer o pasado da nosa terra, sen recurrir a ningún libro de historia, é que aínda que por desgraza foi unha época moi dura, no libro tamén nárraenos dende unha perspectiva cercana, como un neno é un neno viva a situación que lle toque e que non se debe perder nunca a ilusión e menos aínda o sonriso

    ResponderEliminar
  10. Ángel Núñez Lamas26/2/17, 19:41

    Este libro gustoume moito porque disfrutei léndoo e aprendín moito sobre a vida dos nosos avós. Describe moi ben os hábitos e costumes da aldea e tamén o seu contorno físico.
    Relátanos como pasaba os días Balbino (que era un neno labrego), facendo os labores do campo; levando a pacer, avenza, moi cedo para poder ir despois á escola.
    Balbino tiña unha mala relación cos maiores porque non o tiñan en conta, para eles era un ninguén. El refuxiábase escribindo as súas ideas e pensamentos nun caderno sobre a vida, este caderno non llo ensinaba a ninguén.
    O contexto histórico sitúanos nunha sociedade labrega, cun modo de traballo feudalista; os campesiños traballaban as terras do señor ao que lle entregaban a metade da colleita. Nesa época tamén destaca a influencia que tiña a igrexa sobre a sociedade e a emigración cara América na que moita xente tiña esperanzas de mellorar a súa situación de pobreza e miseria.
    Un aspecto que resalto que me chamou moito a atención, foi que Balbino opinaba que as persoas estaban felices ou tristes segundo llo ordeara o calendario. Se estaban es pascua todos recordaban a morte e estaban tristes; sen embargo, en carnaval e nas romarías estaban todos contentos sen importar o que pasase nese mesmo día.
    Recomendo este libro, xa que nos axuda a coñecer a vida dos campesinos e labregos galegos da metade do século XX.

    ResponderEliminar
  11. Aroa Varela Conde11/5/17, 8:11

    Este libro gustoume moito xa que puiden ver como era Galicia non fai moito. Non esperaba que me resultase tan entretido e tan doado de leer.
    Relátanos a historia dun neno labrego, que fai moitos labores no campo, todos os que lle mandan. E logo vai á escola para aprender o básico.
    A xente trátao coma un ninguén e el refúxiase escribindo no seu caderno , xa que non ten a quen contarlle as súas historias e penas.
    Nós ó lelo podémonos poñer na pel de Balbino, ver que practicamente non leva a vida dun neno senón a dun adulto, xa que non pode saír xogar cos seus amigos, nin ir ás romarías…. Por dicilo dalgunha maneira é un neno que por diversos motivos tivo que madurar antes de tempo.

    ResponderEliminar
  12. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  13. Este libro gustoume bastante xa que me trae bastantes recordos presentes e pasados da miña aldea, como por exemplo o loito, que estivo presente e aínda segue estando na miña familia, as cousas das festas e romarías, cando se levan as vacas a pacer...

    Tamén me sorprendeu bastante a maneira de organizar as frases, de facelas tan sinxelas e tan curtas, e a vez que estean cheas de información e que non lles falte detalle.

    Na miña opinión o libro está dirixido a un público concreto, cara as persoas que naceron e se criaron na aldea, por iso penso que moita xente non chegará a entender o libro ao cen por cen.

    ¨Memorias dun neno labrego¨ convertiuse nun dos meus libros escritos en galego favorito debido a todo isto que acabo de contar e custarame atopar outro favorito.

    ResponderEliminar
  14. Pareceume un libro moi bonito e moi interesante, pois lévanos a tempos pasados, facéndonos vivir os tempos de antes dende fóra. Pola maneira en que está escrito, preséntasenos a Balbino como un rapaz moi cercano, o cal axuda a poñernos na súa pel, porque en todo momento sabemos como se sente.
    Penso que é un libro que todos deberíamos ler porque fainos reflexionar moito sobre como cambiaron as cousas, sobre a sorte que temos de nacer nesta época. Non nos atopamos tan lonxe desa situación, pois son momentos que probablemente a maioría dos nosos avós viviron, mais nós non nolo plantexamos e non somos conscientes do duros que chegaron a ser eses tempos pasados.
    Persoalmente gustoume moito, vai máis alá dun libro, máis alá dun simple relato. Son recordos que poderiamos haber vividos nós, son memorias, memorias dun neno labrego que poderiamos cruzarnos un día calquera pola rúa cuns anos más e algunha que outra enruga. Deberiamos valorar máis o que temos.

    ResponderEliminar
  15. Parecéume un libro moi interesante porque relata como era a vida de hai uns anos, mostra como as inxustizas se pasaban por alto e non se lles daba a mínima importancia.
    Tamén nos mostra a vida dun neno da aldea dende a súa perspectiva. Fainos poñer na súa pel cando expresa os seus sentimentos, tanto para ben coma para mal.
    Na miña opinión, é un libro que debería de ler moita xente, para aprender a valorar as cousas que ás veces pensamos que son insignificantes.
    E tamén para empezar a reflexionar sobre as situacións que nos acontecen co paso do tempo.

    ResponderEliminar
  16. Ana Marino 1º BAC14/11/17, 21:03

    Pareceume unha obra moi sinxela de ler, aínda que cun vocabulario propio da época e das clases sociais que aparecen no libro.
    É unha novela moi realista e directa. Móstranos como eran aqueles tempos e as dificultades polas que pasaba a xente. A min, persoalmente, faime apreciar máis o que temos hoxe en día, a igualdade e os dereitos.
    Ademais, a actitude de Balbino ante as circunstancias da vida é un exemplo. Non se deixa amedrentar e é consecuente cos seus actos. Esta historia tamén me motivou a reflexionar sobre os temas dos que fala o protagonista. Por todos estes motivos, ¨Memorias dun neno labrego¨ gustoume.

    ResponderEliminar
  17. Este libro trata dunha familia galega moi pobre cuio protagonista é o fillo pequeno desta familia que se chama Balbino.O cal escribe nun caderno todo o que lle acontece na sua vida.A miña opinión sobre este libro é positiva xa que mostra a vida en Galicia fai 70 ou 80 anos que era unha vida pobre na cal para ter un futuro a mellor opción era emigrar ás Américas.Persoalmente a parte que máis me gustou foi cando consegue ao seu primeiro amigo de verdade aunque ao final Lelo marche ás Américas e a parte que menos me gustou foi cando morre o seu can Pachín co cal Balbino tiña un forte vínculo. Recomendo este libro xa que me gustou e pareceume moi interesante e sinxelo.

    ResponderEliminar
  18. Iria Blanco Pérez 1ºBAC C5/3/18, 20:43

    Dende o meu punto de vista, aínda que é unha obra sinxela, transmite moito. Fai que me poña no seu lugar, que observe as cousas do mesmo xeito que o fai el. E todo isto fíxome reflexionar no afortunada que son. Sei que se me atopara na situación deste pequeno galego, non sabería a onde dirixirme na miña vida, non sabería que facer.
    Recomendaríallo a todo o mundo, incluso a aqueles ós que non lles atrae a lectura. É sen dúbida unha historia digna de ser coñecida, porque por moito que el o repita, Balbino non é un ninguén.

    ResponderEliminar
  19. Patricia Barreiro Pérez 1º BAC A6/6/18, 9:19

    Gustoume o fío narrativo. Non estou acostumada a ler este tipo de libros e pensei que me disgustaría, mais non foi así. Tal vez estea ben ler un libro diferente de vez en cando. Este, en concreto, paréceme dunha calidade extraordinaria á hora de narrar, sendo cada palabra escollida con exactitude e sen faltar nin sobrar ningunha. Considero que é un libro que debería estar de lectura obrigatoria no instituto e recoméndollo a calqueira persoa, sexa da idade que sexa e independentemente dos gustos que teña. Fácil de ler e entretido, volvéndose a imaxe de Balbino máis real a cada páxina lida.

    ResponderEliminar
  20. Sergio Fernández17/12/18, 17:01

    Sergio Fernández Núñez 1ºBAC A:
    A miña opinión deste libro é boa, é doado de ler, e sen problema ningún para compréndelo. Pareceume interesante porque nos conta feitos reais, e nos fala dunha época de emigración que se vivía en Galicia. Son historias que tranquilamente lles puideron suceder aos nosos avós ou bisavós, e fanche reflexionar.
    Recomendo sen dúbida ningunha.

    ResponderEliminar
  21. Martín Villares 1º BAC A17/12/18, 23:20

    A miña opinión sobre este libro é boa, un libro que recomendaría pola sua facilidade de lectura e pola historia que conta sobre a vida dun neno de aldea de antes, contandonos algunhas das anecdotas que lle foron acontecendo ao longo da sua infancia e adolescencia e tamen como era a súa xornada como a de moitos outros nenos galegos de familias pobres que traballan para as familias ricas do lugar.

    ResponderEliminar
  22. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  23. Memorias dun neno labrego resultoume resultoume interesante xa que me fixo imaxinar o que pasaron os meus avos.
    O único, que ao pricipio enrevesáronme un chisco os saltos temporais.

    ResponderEliminar
  24. Rocío Fernández Cordero 1ºBAC A

    Memorias dun neno labrego é un libro que reflicte, dunha forma moi realista, a situación das familias labregas dos anos 50. Transmite moi ben as diferenzas entre as clases sociais e o día a día da xente labrega.
    Está contado dende o punto de vista dun neno pequeno o cal laméntase durante toda a obra da súa situación de pobreza.
    Este libro faiche valorar as cousas que tes e afortunado que es.
    Recomendo a lectura deste conto a todo o mundo, en especial todos os galegos, xa que é un libro fermoso da literatura galego.

    ResponderEliminar
  25. É un libro que te vai emocionar, xa que te pon na pel do protagonista e mesmo che fai sentir as súas emocións. Apréndese moito da forma de vida da época dos nosos avós. Moi recomendábel e doado de ler.

    ResponderEliminar
  26. ValentinaDesirée17/5/21, 18:32

    Memorias dun neno labrego é a historia real da niñez dun neno labrego de Galicia na época dos nosos avós, unha época cruda e tradicional, moi diferente a actual.
    Recomendo encarecidamente leer este libro.

    ResponderEliminar