11 abr 2012

Cando petan na porta pola noite





Xabier P. Docampo (Autor/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
13ª Edición - Premio Nacional de Literatura Infantil, 1995 - Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1994 - Lista de Honra do IBBY,1996 - Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 1997
Contido

Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

3 comentarios:

  1. Gloria García Vivero 2ºA20/6/12, 13:32

    Gústame moito o relato de ''O fornadas'' xa que foi o que máis medo me provocou. Con este relato aprendín, que por moi mala que sexa a xente, ti non podes ser coma eles, e facerlles maldades só porque contigo sexan crueis.
    O que menos me gustou de todos os relatos foi ''O cumpremortes'' xa que non me pareceu axeitado o final. O de '' O espello viaxeiro'' gustoume aínda que me deixou estrañada que foran iguais o ferreiro e o viaxeiro.

    ResponderEliminar
  2. Samuel Argerey,2ºESO3/2/20, 10:01

    É unha letura moi interesante, cando empezas a ler invítate a seguir,porque é coma acción e misterio á vez.

    ResponderEliminar
  3. Rosalía Bernárdez, 2º ESO3/2/20, 10:07

    Gustáronme os catro contos. Estes, aínda que non dan moito medo, conteñen ensinanzas importantes, tamén típicas da tradición popular. O primeiro, o segundo e o terceiro falan de asumir as consecuencias dos actos, aínda que cada un dun modo diferente.

    ResponderEliminar