4 jun 2019

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de "A dúbida" desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En "A dúbida" a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.

4 comentarios:

  1. A historia que se conta fai que reflexiones moito sobre a cruda realidade que viven moitas mulleres sometidas a abusos sexuais, a maioría de veces sen ningunha axuda nin apoio, e sempre cunha sociedade detrás cuestionando e xuzgando a súa verdade. Encantoume, pareceume un libro duro pero necesario, que nos leva a plantearnos moitas cousas que estamos a facer mal respecto a ese tema.

    ResponderEliminar
  2. Este libro trata sobre abusos sexuais a menores, é un libro con sentimentos fortes xa que se poden ver casos moi graves que moitos xuíces deixan pasar. Gustóume moitísimo porque garda a trama ata o final, estás todo o tempo pendente do que vai pasar. Dame moita pena a situación da muller pero paréceme que a afronta o mellor posible e fai moi ben deixando de confiar nel e intentando que entre no cárcere a pesar de perder o seu traballo. Recoméndollo a todo o mundo xa que moita xente pode reflexionar e variar a súa opinión sobre este tema.

    ResponderEliminar
  3. Este libro trata sobre abusos sexuais a menores, é un libro con sentimentos fortes xa que se poden ver casos moi graves que moitos xuíces deixan pasar. Gustóume moitísimo porque garda a trama ata o final, estás todo o tempo pendente do que vai pasar. Dame moita pena a situación da muller pero paréceme que a afronta o mellor posible e fai moi ben deixando de confiar nel e intentando que entre no cárcere a pesar de perder o seu traballo. Recoméndollo a todo o mundo xa que moita xente pode reflexionar e variar a súa opinión sobre este tema.

    ResponderEliminar
  4. Jimena García González- Redondo 4ºA10/6/19, 12:09

    "A dúbida" de María Reimóndez foi un libro que me gustou moito non só polo tema que trata, senón tamén pola maneira en como o fai e o traballado e elaborado personaxe de Deli, muller que loita pola verdade en vez de quedar muda. Ademais a súa estrutura de capítulos breves fai que o libro sexa máis ameno de ler. Tamén cómpre mencionar que esta historia achégase moito á realidade xa que isto poderíalle pasar a calquera muller.

    ResponderEliminar