Caderno do Departamento de lingua galega e literatura do IES LEIRAS PULPEIRO de Lugo. Ventá aberta para promover e comentar lecturas voluntarias.
11 abr 2012
O diario violeta de Carlota
Autora: Gemma Lienas
Moito máis ca novela, moito máis ca un diario
Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este libro paréceme moi adaptado para a situación que existe hoxe en día en España, xa que moita xente pensa que acabamos co machismo, mais aínda queda moito que facer. Aprendín a observar mellor a sociedade e identificar as pequenas ou grandes situacións onde se mostra machismo. Gústame moito a avoa Ana, que é a que lle axuda co diario. Recomendaría este libro a todas aquelas persoas que queiran ver o nivel que alcanza na actualidade o machismo, e que queira acabar con el.
ResponderEliminar